Mércores, Maio 8, 2024
ActualidadeXornada

FIN DE SEMANA de Billarda-praia.

O sábado celebrarase a Copa Xunta de Galicia en Sanxenxo, na praia de Silgar. A TVG retransmitirá en directo este campionato pola súa web 24horas a partir das 17:30 h. e en diferido ás 20 h. pola TVG2.

Desta vez, actuará de comentarista da Billarda Chicho do Rexento, xunto co comentarista da Galega Miguel Gallego. Das veces anteriores tivemos a sorte de contar con Berdillo e con David Fontán. Desta vez, despois dunha selección a cara de can, Chicho do Rexenxo, o único galego que ten unha lareira para zurdos, ganoulle o pulso ao mexicano que mellor interpreta un alalá, Charri, quen na última proba non deu o nivel necesario para ser comentarista da billarda. Un simple detalle deixou fóra ao de Beluso, non coñecía o regulamento da billarda.

Estes son os participantes que disputarán a Copa Xunta de Galicia de Billarda.

Así se xogará este campionato.

E sen solución de continuidade, o domingo 25 na praia de Laxe, xogarase a segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Noroeste. Daquela, esta fin de semana, area, salitre e mar serán as compañeiras da billarda. Veremos se hai futuro para a nova disciplina de Billarda-praia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *