Xoves, Outubro 3, 2024
ActualidadeXornada

En Soandres, Viqueira imita ao Tornado Añón e Lúa de Forza foi un ballón

En Soandres, A Laracha, o campo Ponte do Sal non tivo clemencia coa mediocridade dos golpes e o máis espectacular que se puido contemplar foi esta acción de Viqueira que quixo imitar o arranque supersónico do noso lembrado Tornado da Laracha, Añón. Como poderedes observar no audiovisual de abaixo, non hai comparación, o Tornado ten moita máis potencia de saía.

 

De todas as maneiras, Viqueira vai por bo camiño e se continúa visitando o ximnasio de Cochiqueiros e acudindo a esas sesións nocturnas interminables e esgotadoras de barra libre ninguén pode dubidar que acadará ese tono muscular envexable do Tornado Añón.

Si, a area do campo semellaba sal, que ben tirado o nome, Ponte do Sal. Sábese desde que a ciencia médica colleu o seu nome que un exceso de sal incrementa a presión arterial e pode chegar a causar hipertensión. Ben, pois como afirmarí alguén sen esta ciencia na súa sabiduría, “o campo púsoxe demasiado cabrito e por momentos chegou a cabrón, cousa que non foi boa para a puntuación“. En fin, como diría Castelao, “cousas da bi…llarda”.

Venceu Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo, seguido por Lu do mesmo equipo e terceiro foi Collazo de APB A Laracha. En Categoría Feminina, foi primeira Sonia de Cochiqueiros de Cerceda, segunda Raquel do mesmo equipo e terceira Delia de Chaínzos-Cadaval de Castro de Rei. En Categoría Infantil, ganou Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, segundo foi Miguel de Campo da Feira de Paiosaco e terceiro Kevin de APB A Laracha. En Categoría de Equipos, ganou Campo da Feira, segundo foi APB e terceiro Lúa de Forza.

A esixencia da Ponte do sal deixou unhas puntuacións moi baixas. Así, os 59 ptos de Campo da Feira supuxeron a vitoria coa puntuación máis baixa da temporada. Certo que o efecto do sal foi máis perxudicial para as persoas de avanzada idade, pois os infantís non notaron estas dificultades e Valentín foi primeiro do seu grupo con 15 ptos o mesmo que Miguel do seu grupo con 14 ptos. Tamén Riveiro e Abel Regueiro souberon equilibrar os excesos do sal e con 18 ptos e 13 ptos respectivamente lideraron os seus grupos. O mesmo pasou con Xan e Collazo con 17 ptos e 14 ptos. Despois cada quen seguiu o seu camiño. Tres destes primeiros de grupo chegaron á final, xunto con Lu que fora terceira do seu grupo. Un caso particular foi o de Araña Edu, que non xogou a primeira carreira e aínda así conseguiu pasar de grupo. Non sabemos ata onde podería chegar Araña se o xergo Valentín non o deixara fóra no cruce de cuartos.

 

 

 

Sumados os ptos xa se poden consultar actualizadas as clasificacións. Campo da Feira segue acercándose a APB paseniñamente. Leva ganando as tres últimas xornadas e aínda así está a 11 ptos do equipo da Laracha. Como resiste o equipo hemorráxico ! Está apaixoante esta carreira polo título. A terceira praza tamen ten o seu aquel. Filloas aguanta cos 5 magníficos, Lois, Gándara, Miranda, Josecho e Valentín. Ollo que nesta xornada parecía que podían sufrir dado o equipazo que presentou Cochiqueiros. Foron 16 xogador@s de Cerceda os que acudiron á cita. Vaia, desta vez Valentín tivo que tirar do carro e dos bois, coa axuda de Josecho. Os demais filloas estiveron co sal a voltas e coa hipertensión. Cochiqueiros perdeu unha ocasión magnífica para acercarse a esa terceira praza que ocupa Filloas. Non puido ser ! Só Abel Regueiro estivo á altura do reto e con 16 ptos dirixiu a nave. Berdi acadou a decena de ptos e os demais, pois os demais… co sal polas nubes e a tensión desatada. A sección feminina salvoulles a xornada e subiron ao podio tanto Sonia como Raquel. Chaínzos-Cadaval acudiu cun equipo de garantías, mais ao final só Bonxe e Pepe Outeiro estiveron na decena de ptos os demais, vaia, con moita precaución co exceso de sal no terreo. Lúa de Forza foi precavido e atallou os efectos do sal coas rosquillas con aroma a marisco que trouxo Marisa. O efecto foi milagroso.

Nas categorías individuais as posicións de podio mantivéronse. Desta maneira, Xan, Collazo e Juan Carlos están no podio Absoluto, Merche Marisa e Lu no Feminino e Valentín, Kevin e Miguel no Infantil

 

FOTO REPORTAXE

 

VINDEIRA XORNADA

RAZO-CARBALLO

12 MARZO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *