Charli Varela e Campo da Feira triunfan en Eirís.
Campo da Feira fíxose coa vitoria de maneira apurada, mais merecida. A superioridade deste equipo durante as últimas temporadas semella que xa non é tendencia. Agora, APB deu un salto de calidade e vaille disputar o título ao equipo de Paiosaco. Billardeiros Musicais quedou a dous ptos do ganador e Cochiqueiros a 6 ptos. Nunca antes se presenciara cousa igual. 4 equipos a unha distancia de 6 ptos.
Campo da Feira tirou de recursos pouco habituais e Charli liderou ao equipo con 20 ptos. A ausencia de Óscar Ponte e a mala xornada de Juan Carlos, fixeron que tivera que sumar Enrique 13 ptos, Abel 13 ptos e Xulio 11 ptos. Si, foi un puntiño o que sacou de vantaxe sobre APB.
APB tivo a vitoria nas mans, pois Lito e Cotelo loitaron na final a 4. Con deixar a Charli por detrás deles na final estaba feito. Cousa que non sucedeu. Se ganaba Charli con deixar a Xan detrás deles tamén chegaba. Cousa que tampouco sucedeu. Desta maneira, sumaron para o equipo da Laracha Lito 15 ptos, Roi 15 ptos, Cotelo 14 ptos e Collazo 12 ptos.
Billardeiros Musicais clasificou a 3 xogadores para a fase de cruces e con posibilidades matemáticas de ganar a xornada se avanzaban ata a final. Todos quedaron eliminados no primeiro cruce eliminatorio. Polo tanto, sumaron Daniel 17 ptos, Félix 13 ptos, Tejero 13 ptos e Manu Pozo 12 ptos. Calquera destes 3 equipos puido ganar a xornada.
Cochiqueiros mantivo o tipo grazas ao liderado incuestionable de Abel Regueiro que esta temporada está abraiando, fascinando e seducindo co seu xogo. O Regueiro tomou os mandos dun equipo desnortado pola ausencia das súas vacas prófugas Berdi e Viqueira, que faltaron ás dúas primeiras xornadas. O que podería supoñer unha desfeita converteuse no descubrimento de Abel Regueiro como novo líder da escuadra de Cerceda. Agora, veremos se os incorporados Berdi e Viqueira soportan ese novo rol secundario no equipo.
Filloas de Sangue defendeuse co seu cuarteto glorioso e con Valentín. Miranda 12 ptos, Valentín 11 pts, Gándara 8 ptos, Josecho 8 ptos, sumaron para o equipo. Destacar a actuación do infantil Valentín que impresiona co seu espírito sempre vigoroso e correúdo e cunha zurda demoledora. Miranda progresa e xa se sitúa como mellor clasificado do equipo da Coruña. Gándara sempre achega ptos e Josecho e Lois Fontán teñen días.
Lúa de Forza e Chaínzos presentaron 4 xogador@s cada un, entón o seu rendemento quedou limitado por este número mínimo de efectivos. Vaia, levaron a cor verde con elegancia e aos seus corpos atléticos embutidos nas camisetas non se lle descoseron as costelas.
EQUIPOS | LOCALIDADE | ptos |
CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO | 57 |
APB | A LARACHA | 56 |
BILLARDEIROS MUSICAIS | RIBADEO | 55 |
COCHIQUEIROS | CERCEDA | 51 |
LÚA DE FORZA | SANXENXO | 42 |
FILLOAS DE SANGUE | A CORUÑA | 39 |
CHAINZOS CADAVAL | CASTRO DE REI | 36 |
Agora a xeral queda con APB na cabeza con 8 ptos de distancia sobre Campo da Feira. Que temporada nos agarda ! O terceiro posto deberán loitalo o resto dos equipos.
EQUIPOS | LOCALIDADE | ptos | 1 | 2 | 3 |
APB | A LARACHA | 199 | 68 | 75 | 56 |
CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO | 191 | 55 | 79 | 57 |
LÚA DE FORZA | SANXENXO | 164 | 45 | 77 | 42 |
FILLOAS DE SANGUE | A CORUÑA | 149 | 44 | 66 | 39 |
COCHIQUEIROS | CERCEDA | 146 | 33 | 62 | 51 |
BILLARDEIROS MUSICAIS | RIBADEO | 55 | 55 | ||
CHAINZOS CADAVAL | CASTRO DE REI | 36 | 36 |
Na Categoría Absoluta, Charli Varela de Campo da Feira de Paiosaco ganou a xornada cunha actuación maxistral. Segundo foi Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo e terceiro Lito Pena de APB A Laracha. Na Categoría Feminina venceu Geni de Billardeiros Musicais de Ribadeo, segunda foi Marisa de Lúa de Forza e terceira Aroa de Billardeiros Musicais. En Categoría Infantil o ganador foi Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, segundo foi Lucas de Campo da Feira e terceiro Óscar García de Cochiqueiros de Cerceda.
Este deporte ten as súas leis inmutables e ningunha poderosa evidencia ten o xenio de alteralas. Cando o desacerto entra no corpo e no cerebro, ben se instala a pasar unhas horas, ben non se sinte cómodo e cambia de corpo. En fin, non podemos pasar por alto o asalto ao ceo da Clasificación Xeral Feminina de Marisa. Por vez primeira na súa carreira deportiva acada o cumio e confirmou, ao acabar a xornada, que ameaza con non abandonalo. “A ver quen se atreve a sacarme desta Pena Trevinca clasificatoria ! Que viva o metaverso“, foron as palabras textuais da xogadora de Lúa de Forza.
Na Xeral Absoluta, temos que salientar o rendemento de Abel Regueiro. Os demais integrantes dos dez primeiros postos son habituais e con solvencia e garantías de que van continuar aí. O caso de Abel é como o de Vinicius. As primeiras temporadas mostraba un potencial enorme, incluso ganou un Aberto. Non obstante, na competición oficial e nos momentos decisivos sempre cometía erros incomprensibles e moitas burlas e risas tiña que escoitar o cochiqueiro. A día de hoxe o asombro continúa e nin el mesmo encontra explicación a esta metamorfose alquímica.
ABSOLUTA | EQU | PTOS | 1 | 2 | 3 |
XAN RODIÑO | LÚA | 64 | 20 | 22 | 22 |
LITO PENA | APB | 56 | 22 | 19 | 15 |
ABEL REGUEIRO | COQ | 55 | 17 | 22 | 16 |
COLLAZO | APB | 46 | 16 | 18 | 12 |
CHARLI | FEI | 42 | 22 | 20 | |
MIRANDA | FIL | 40 | 11 | 17 | 12 |
ENRIQUE | FEI | 39 | 16 | 10 | 13 |
GÁNDARA | FIL | 39 | 12 | 19 | 8 |
JOSECHO | FIL | 38 | 14 | 16 | 8 |
ROI | APB | 37 | 14 | 8 | 15 |
FOTEGASA e VÍDEGASA
Dous golpes desde a mesma posición (moi pouco ángulo) e diferentes resolucións
/>/>
ACTAS