FEI come as cereixas e deixa as carabuñas para APB. Collazo vence a ritmo de varado. Merche gana a categoría feminina. Abel Ponte é o primeiro infantil.
“A conquista deportiva de Paiosaco a golpe de palán non foi posible!” Estas foron as declaracións dun xogador de APB ao finalizar a xornada. A rivalidade deportiva entre estas dúas localidades do concello larachés é ben coñecida. Pois ben, o Club de billarda APB A Laracha presentouse en Paiosaco coa saudable intención de vencer a xornada da Liga Atlántica de Billarda, que é o mesmo que dicir, pasarlle por enriba ao Club de billarda Campo da Feira. “Nada pode saír mal, nada pode saír mal“, recitaba entre dentes o raposo da Laracha mentres quentaba os brazos. “Vou rebentar o rexistro de velocidade dunha billarda“, pensaba o Tornado da Laracha. “Hoxe convocamos a 13 xogadores a comer para facer grupo antes de emprender o camiño a Paiosaco. Que pode fallar?“, estas foron as verbas do hemorráxico Roi. Certo que o menú era imbatible, fabas con ameixas, mais co que non contou o director deportivo de APB foi con que no equipo hai glóbulos vermellos e glóbulos brancos e o efecto das fabas prexudica máis a uns que a outros. En fin, polo camiño quedou unha vítima gastrointestinal, Kevin o bailarín de pés de gacela. Ademais, o enxeñeiro da billarda que máis Pena dá estivo ausente por ausencia inesperada, ía ir e non foi.
Unha nova de alcance foi a reaparición do Araña de Paiosaco, Edu, despois dun encontro fortuíto coa moza da curva que o deixou escaiolado durante varios meses. Semella que xa está recuperado, non obstante, o golpe de palán aínda tardará en recuperalo. Conseguiu 10 ptos e algunha foto interesante.
CB Campo da Feira de Paiosaco ganou a xornada, de maneira máis axustada que o esperado, mais non hai quen os venza, en circunstancias normais. Segundo foi CB APB da Laracha e terceiro Cochiqueiros de Cerceda. A xornada ganouna Collazo de Campo da Feira Paiosaco, segundo foi o Tornado da Laracha Añón de CB APB A Laracha e terceiro Viqueira de Cochiqueiros de Cerceda. En categoría feminina ganou Merche, segunda foi Irene de Cochiqueiros e terceira Isa de CB Campo da Feira. En Infantil ganou Abel Ponte de CB Campo da Feira, segundo foi Óscar García de Cochiqueiros e terceiro Dani tamén de Cochiqueiros.
As saborosas cereixas que se cultivan co sistema de permacultura en catividade na parroquia de Lestón fixeron as delicias de participantes e espectadores, pois degustáronse uns bocadillos de cereixas 100% ecobiodinamicoveganas.
Despois de mirar con detemento as fotos dos podios podemos comprobar que Cochiqueiros continúa sen indumentaria oficial. Que mágoa que un histórico do Noroeste non encontre patrocinador para as súas camisetas a pesar da campaña de mecenado que iniciou hai un mes para recadar fondos, @cochiqueiroscamisetasxa
Despois deste novo intento de APB de asaltar o trono de FEI e de fracasar outra vez, as clasificacións xerais mostran dúas zonas de interese. A zona onde se deciden os títulos e a zona baixa dos postos de finalista. Polo Título, pensamos que hai 3 xogadores con opcións reais, Xan, Collazo e Abel Ponte. Despois, Charli e Xulio aínda poden optar á terceira praza do podio.
XAN RODIÑO | LÚA | 190 | 27 | 23 | 23 | 26 | 22 | 21 | 28 | 20 | ||
COLLAZO | FEI | 187 | 15 | 18 | 19 | 24 | 18 | 12 | 21 | 25 | 13 | 22 |
ABEL INF | FEI | 172 | 20 | 19 | 21 | 14 | 26 | 7 | 12 | 19 | 20 | 14 |
CHARLY VARELA | FEI | 162 | 23 | 22 | 20 | 9 | 19 | 18 | 24 | 20 | 7 | |
XULIO | FEI | 151 | 21 | 13 | 19 | 13 | 5 | 10 | 17 | 24 | 18 | 11 |
Despois, hai unha zona tranquila na que os palanadores xa poden ir pensando en chegar na mellor forma posible para afrontar o reto da Fase Final do 1 de agosto. Todos palanadores de moito nivel e que van intentar levar o título individual da Liga Atlántica de Billarda 2021 para o Noroeste. Calquera deles podería facelo, mais para iso deben chegar en boas condicións ao final de liga.
COTELO | APB | 146 | 22 | 17 | 19 | 11 | 12 | 14 | 5 | 21 | 12 | 13 |
GÁNDARA | FIL | 141 | 19 | 12 | 17 | 7 | 21 | 11 | 9 | 25 | 5 | 15 |
BERDILLO | COQ | 140 | 14 | 15 | 12 | 10 | 24 | 19 | 12 | 18 | 9 | 7 |
JUAN CARLOS | FEI | 140 | 19 | 9 | 9 | 20 | 12 | 9 | 26 | 18 | 18 | |
VIQUEIRA | COQ | 134 | 13 | 5 | 15 | 19 | 18 | 9 | 9 | 24 | 5 | 17 |
OSCAR PONTE | FEI | 121 | 19 | 7 | 12 | 8 | 13 | 10 | 25 | 9 | 18 |
Nas últimas prazas que dan dereito a participar na Fase Final é onde se vai producir a lea máis emocionante. O Tornado Añón xa entrou nestas prazas e Riveiro e Roi acercáronse moito. Tres xogadores da hemorráxica que teñen a intención de ocupar as prazas que actualmente ocupan os xogadores de FEI, Marc, Enrique e Eladio. Miranda e Lois Fontán están á esculca por se os que están enriba deles dan algunha oportunidade. Ademais, a vindeira xornada será na Coruña e os de Filloas xa se encargarán de preparar un escenario axeitado para os seus intereses, ou sexa, ceo azul, sol de xustiza e herba sintética. Os cochiqueiros Abel Regueiro e Alberte teñen fácil entrar nestes postos, sempre que os 8 xogadores que os superan na xeral teñan unha indisposición e non acudan a xogar as 3 xornadas que faltan, cousa que podería ser posible usando os medios idóneos.
MARC | FEI | 116 | 12 | 9 | 12 | 13 | 18 | 10 | 8 | 22 | 5 | 7 |
AÑÓN | APB | 111 | 15 | 11 | 17 | 13 | 19 | 11 | 25 | |||
ENRIQUE | FEI | 111 | 17 | 7 | 9 | 10 | 14 | 9 | 5 | 18 | 10 | 12 |
ELADIO | FEI | 109 | 16 | 13 | 5 | 10 | 12 | 5 | 14 | 22 | 5 | 7 |
RIVEIRO | APB | 102 | 13 | 13 | 17 | 5 | 9 | 16 | 13 | 16 | ||
ROI | APB | 101 | 17 | 11 | 15 | 9 | 11 | 22 | 16 | |||
MIRANDA | FIL | 98 | 7 | 7 | 10 | 5 | 10 | 9 | 5 | 25 | 9 | 11 |
LOIS FONTÁN | FIL | 98 | 9 | 5 | 14 | 16 | 10 | 7 | 5 | 20 | 5 | 7 |
ABEL REGUEIRO | COQ | 95 | 9 | 5 | 10 | 11 | 12 | 12 | 5 | 15 | 8 | 8 |
LITO PENA | APB | 92 | 5 | 17 | 12 | 15 | 18 | 10 | 15 | |||
ALBERTE | COQ | 90 | 10 | 5 | 14 | 8 | 9 | 9 | 7 | 21 | 7 |
En categoría Feminina, o título e as prazas de finalista aínda non están decididas. Hai varias palanadoras con posibilidades de facerse co título. Sonia ten lixeira vantaxe sobre a súa compañeira de equipo Silvia, e ollo coa cochiqueira Irene, que está demostrando un potencial enorme e non descartamos que entre no podio e que aspire ao título.
SONIA | COQ | 59 | 6 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 13 | 5 | 5 |
SILVIA | COQ | 50 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 10 | 5 | |
MERCEDES | FEI | 49 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 9 | 5 | 5 | |
LU | LÚA | 43 | 14 | 24 | 5 | |||||||
IRENE | COQ | 43 | 5 | 5 | 5 | 16 | 5 | 7 | ||||
AURI | FEI | 38 | 5 | 5 | 5 | 5 | 5 | 10 | 3 | |||
MARISA | LÚA | 33 | 7 | 7 | 9 | 10 | ||||||
MERCHE | APB | 32 | 9 | 7 | 4 | 5 | 7 |
En infantil, o músico infernal Abel Ponte non ten rival e xa é campión. En equipos, FEI pode proclamarse campión na xornada da Coruña da vindeira fin de semana e as prazas de finalista están demasiado definidas para os dous equipos do concello da Laracha, como para pensar que Filloas de Sangue da Coruña ou Cochiqueiros de Cerceda poidan ter algo que facer para viaxar ata Sanxenxo o 1 de agosto.
CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO | FEI | 757 | 88 | 74 | 79 | 64 | 83 | 52 | 76 | 100 | 69 | 72 |
APB | A LARACHA | APB | 606 | 68 | 67 | 60 | 55 | 55 | 52 | 62 | 77 | 40 | 70 |
FILLOAS DE SANGUE | A CORUÑA | FIL | 514 | 76 | 60 | 54 | 46 | 54 | 38 | 30 | 84 | 34 | 38 |
COCHIQUEIROS | CERCEDA | COK | 495 | 51 | 35 | 51 | 48 | 63 | 50 | 36 | 79 | 31 | 51 |
A vindeira xornada será en terras da Coruña, na zona deportiva da Torre de Hércules.