Xoves, Marzo 28, 2024
Xornada

O temporal ameaza a 3ª xornada da conferencia Noroeste

O domingo 13 de outubro ás 11 da mañá está previsto que comece a 3ª xornada da LNB da Conferencia NorOeste.

Por primeira vez íase xogar no concello de Cabana de Bergantiños (no campo de fútbol de Nantón), pero debido a que as predicións meteorolóxicas dan un forte temporal para o domingo , a xornada non se vai poder desputar no concello de Cabana debido a que o pavillón municipal está en obras.

Finalmente a 3ª xornada de liga vaise xogar no pavillón de Xermaña (Caión – A Laracha) ás 11 da mañá.

Pavillón de Xermaña a carón do mar.
Coordenadas GPS:43.316713, -8.594037

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *