Mércores, Novembro 13, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasXornada

EN SANXENXO ÁLVARO OTERO GANOU E GHARABOTO DOMINOU

O Pavillón de Nantes acolleu a 11 xornada da Liga Atlántica de Billarda, Rías Baixas. As expectativas eran favorables a Gharaboto e Lúa de Forza despois do seu rendemento na anterior xornada de Barro, disputada tamén en pavillón. Os resultados desta xornada dan oportunidade para analizar polo miúdo a influencia da superficie de xogo no rendemento de cada quen e así valorar esa posible Liga de Billarda de Interior e Liga de Billarda de Exterior. Así, imos expoñer o que pasou ata agora. Cando se xogou en pavillón, xornadas 4, 5, 10 e 11, os ptos darían unha clasificación da esquerda do gráfico e considerando as xornadas xogadas en exterior os pts acadados darían a clasificación da dereita. Considéranse como obxecto de análise só as 30 primeiras posicións.  Unha cousa evidente é que cambiaría o Líder nas dúas Categorías Individuais. En interior ó lider sería Álvaro en Absoluta e Tania en Feminina.

A influencia da superficie sobre os resultados tamén se aprecia na clasificación de Equipos. Desta maneira, semella que Gharaboto desenvólvese mellor en exterior e Lúa en interior. Corredoiras mantén a regularidade en ambas superficies.

Pois ben, vós mesmas, vós mesmos podedes tirar as vosas conclusións e profundizar nas vosas reflexións. Iso si, unha situación que ninguén pode obviar é o dato moi destacado da presenza feminina en postos de honor da clasificación da Billarda de Interior. Así, nos 30 primeiros postos hai 13 mulleres, ou sexa, un 43% do total Se observamos a clasificación da Billarda de Exterior, hai 6 mulleres neses 30 primeiros postos, isto é, un 20%. Un aumento de máis do 50% da presenza feminina cando a billarda se xoga en Interior.

Situación que avivece o debate sobre a posibilidade de crear esas dúas Disciplinas da Billarda, Interior e Exterior, con dúas ligas diferenciadas. Cousa que nos levaría a ter un calendario de Outono-Inverno para a Liga Interior e outro de Primavera-Verán para a Liga Exterior. Si, hai certos factores variables que dificultan ter esas dúas Disciplinas de Billarda, pois, que sucede se en Primavera-Verán chove e hai que levar algunha xornada da Liga Exterior ao Interior? En fin, o asunto dá para argumentar e contra-argumentar.

Continuando coa xornada de Nantes, dicir que o gran triunfador foi Álvaro de Gharaboto de Marín, segundo o seu compañeiro de equipo Ricardo Lois e terceiro Albino Veiga de Valpaços Terra Quente de Vigo. En Categoría Feminina, venceu Ainhoa de Armadiña de Combarro, segunda quedou Lu de Lúa de Forza Sanxenxo e terceira Tania de Valpaços. En Categoría Infantil, o Raio Verde Xián venceu, por diante de Sofía e de Antía as dúas de Gharaboto. Na Categoría de Equipos o triunfador foi Gharaboto, segundo foi Lúa e terceiro Corredoiras Bueu. En Categoría Equipos F, ganou Gharaboto F, segundo foi Valpaços F e terceiro Armadiña F.

actas

A final disputárona, tres xogadores de Gharaboto, Álvaro, Ricado Lois e Piru, un xogador de Valpaços, Albino Veiga, unha corredora de Armadiña, Ainhoa e un xogador de Corredoiras, Pepe Malvido. Álvaro e Ricardo foron os únicos que entraron no segundo golpe, polo tanto debían aclarar o primeiro posto nun golpe de desempate. Ben, Albino Veiga e Ainhoa entraron no terceiro golpe, cousa que non fixeron nin Piru, nin Malvido. Daquela, o terceiro posto tamén se coñecería despois dun golpe de desempate. Finalmente, houbo que dar dous golpes de desempate para saber o campión da xornada. Os dous xogadores de Gharaboto déronlle emoción a ese golpe decisivo. Comezou Ricardo e o do Grove deulle ao aire. Despois, Álvaro mandouna fóra de fondo. No segundo golpe comezou Álvaro e Ricardo non puido igualar a distancia acadada pola billarda do seu contrincante. Álvaro campión. O terceiro posto foi para Albino Veiga.

Gharaboto 889 ptos mostrou unha vez máis que é o claro favorito para levarse o Título. Lúa879 ptos parece que non cede e veremos ata onde é capaz de aguantar o ritmo marcado polo equipo de Marín. Corredoiras 831 ptos resiste nesta fase da temporada na que tivo que sobrepoñerse á ausencia de xogadores clave, como Ricar, Charri e Fari. Sabemos que cando recuperen a estes xogadores estarán de novo na loita polo título. Misión difícil, mais, o equipo Tricampión Galego é capaz de iso e moito máis. En Categoría Equipos F, non hai nada que facer contra Gharaboto F 636 pts. O único equipo que ten potencial para estar cerca do líder é Valpaços F 569 ptos. Cerca, esta temporada significa a 67 ptos. O certo é que o equipo de Vigo é o único que lle disputa o triunfo parcial en algunha xornada. Armadiña F 435 pts está resultando a sorpresa da temporada e sustituíu a Lúa F da terceira posición xa hai moitas xornadas. O podio está cerrado salvo hecatombe planetaria.

Nas Categorías Individuais, Lu 188 ptos afianzou o seu primeiro posto e Tania 174 ptos mantense a 14 ptos dese primeiro posto. Bego 163 ptos queda terceira a 25 ptos do liderado. O obxectivo da de Bueu e ir recortando ptos cando cheguen as xornadas de exterior, veremos se ten marxe para esa remonta, pois tanto Lu como Tania están nun momento magnífico de resultados. Álvaro 226 ptos acércase ao liderado de Xan 237 ptos. Xián e Piru empatan na terceira posicións 219 ptos. Na Categoría Infantil o Raio domina sen encontrar maiores resistencias que as xogadoras de Gharaboto, unhas veces Sofía, outras Aldara e sobre todo Antía.

VINDEIRA XORNADA

16 MARZO

RIBADUMIA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *