Mércores, Decembro 11, 2024
ActualidadeXornada

A CORUÑA 3ª xornada LIGA ATLÁNTICA de BILLARDA

A terceira xornada da Liga Atlántica de Billarda visitará A Coruña. O Campo de Fútbol Municipal Victor Fernández Alonso será a instalación deportiva que acubille á tribo da Billarda Noroeste. Este campo é de herba artificial, cousa que sempre garantiza espectaculares golpes e imaxes de impacto. Campo da Feira está firme no primeiro posto e APB non acaba de arrancar. O equipo da Laracha ocupa a terceira posición por detrás das panteiras de Cochiqueiros. Veremos ata cando aguanta o equipo de Cerceda nesa posición de privilexio. Filloas xoga na casa e de seguro que presentará un equipo moi numeroso. Foucellas e Río Miño van depender do número de xogadores e xogadoras que poidan presentar, xa que, teñen moito talento nas súas filas.

Desde aquela semente plantada no outono de 2003 en Anguieira, Barreiros  (Lugo), a práctica da billarda coñeceu un novo agromar, herdeiro dunha longa historia. ACD O Varal naceu no 2005 para afianzar un xogo que se fixo maior e xa foi deporte, xa é deporte. Ben, desde aquela, en moitos currunchos do país a billarda voou, rodou e zoou. Moitos seres humanos e moitas persoas xogaron billarda baixo o formato LNB. Algúns deses seres humanos seguen practicando billarda como LNB. Outras desas persoas practican billarda como deporte federado. Todas estas moitas persoas fan música de vento e de madeira cada fin de semana en algún lugar de Galicia e ben que se escoita. Magnífico !

                              XERMÁN un dos pioneiros da LNB, 2004

Temos algúns datos sobre as persoas do Noroeste e das Rías Baixas que máis tempo levan xogando e competindo nos campos de billarda. Destacar de entre esas persoas a Lóis Fontán Mazás, o decano da Billarda Federada, pois, comezou na LNB no 2007 xogando co equipo Filloas de Sangue e continúa no 2023, agora dentro do Club Deportivo Filloas de Sangue da Coruña.

As persoas das Rías Baixas teñen máis xornadas disputadas polo simple feito que cando se creou a LNB Rías Baixas 2011-2012 había un calendario con máis xornadas que as que había na LNB NOR.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *