Martes, Decembro 10, 2024
Xornada

XORNADAS FIN DE SEMANA. A Conferencia Rías Baixas xoga en SANXENXO e a Noroeste nas SOMOZAS

Xa chega outra fin de semana de emocións e de paus. A Conferencia Rías Baixas inicia a conta atrás para saber quen se alzará co título de Conferencia e quen conseguirá praza para a fase final, que este ano se disputará no CABI de Nantes (Sanxenxo) o día 1 de agosto. Faltan 4 xornadas e as altas temperaturas desta época van aumentar a transpiración dos corpos atléticos e non tan atléticos de deportistas e de espectadores. O CABI (Campo de Billarda) de Nantes é un verdadeiro calvario no cal, levantar a billarda de maneira axeitada para o posterior golpeo, é labor complicado, cando non imposible.

Aquí aparece a Clasificación Xeral Absoluta nos seus 30 primeiros postos. Os nomes con fondo azul celeste son das prazas que dan dereito a participar na Fase Final que se disputará en Sanxenxo o 1 de agosto. Faltan 4 xornadas e hai que apurar a facer puntos.

DANIELRIN134
XANLÚA130
CHARRICOR120
CHICHOLÚA110
CHERIN99
FARICOR94
ÁLVAROGHA81
BENICOR80
ALBINO VEIGAVAL79
PIRUGHA76
RICOYLÚA75
MARTÍNLAX72
LUISGONGHA68
CAROLOLÚA64
GERARDOLAX63
CHOARM60
LUÍS CAMIÑAGHA59
GELÍNGHA56
MANUARM54
ELENAGHA54
TANIAVAL53
RICARDO LOISLAX51
HUGO INFGHA48
CHICHILAX48
JOSÉ MANUELRIN47
ADRIANAVAL47
GONZALORIN44
TAXEIROVAL44
OUTEIROCOR41
XIÁN INFLÚA41

 

Clasificación Xeral Feminina

ELENAGHA54
TANIAVAL53
ADRIANAVAL47
CHEFACOR39
MARISALÚA37
BELMIRAVAL28
MARÍA CARIDEGHA23
ANAGHA22
BEGOCOR20
LULÚA19
ELENA SABARÍSARM17
MÓNICAGHA14
INÉSGHA13
LITALAX11
IRENEVAL10
ROSAVAL8
ANTÍAGHA6

Clasificación Xeral Infantil

HUGOGHA48
XIÁNLÚA41
MARTIÑOCOR34
ABELFEI20
LUCÍAVAL6
ANTÍAGHA6
LÚARIN5
TEORIN5
BRAISVAL5
NANUQRIN4
AKIRIN4
ALEXISARM3
NAIAARM2
GAELARM2
XAÍNZALÚA1
ANDRÉ ARM1
DAVID CRUJEIRASCOR1

Clasificación Equipos

LÚA DE FORZASANXENXO407
CORREDOIRASBUEU381
GHARABOTOMARÍN364
RINOCERONTEPONTEVEDRA350
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO279
LAXE DE RONSO GROVE235
ARMADIÑAPOIO194

CONFERENCIA NOROESTE

No norte vaise xogar por vez primeira nas Somozas, concello da Comarca de Ferrol.

O Concello das Somozas anuncia na súa paxina web este evento de proporcións exaxeradamente descomunais. Esta xornada quere ser un antes e un despois para a billarda na Comarca de Ferrol e, por efecto dominó, na de Ortegal, na de Eume e na de Betanzos.

Outra cousa ben diferente será o estado do terreo de xogo. Para mostra estas imaxes que captou o noso reporteiro infiltrado. Vaia, superficie de xogo variada. Zonas de pedra miúda, grava, couces de salgueiro e herba con musgo. Sen esquecer o cableado eléctrico a uns 7 metros de altura que cruza o campo.

Non hai que ser alarmistas, nin negacionistas ou… si, alá cada quen. O noso infiltrado anónimo é optimista crónico e confirma con absoluta rotundidade que vai ser a xornada mellor organizada e con máis alto voltaxe da Liga Atlántica de Billarda.

Queremos incidir unha vez máis no poder dos medios de comunicación para divulgar calquera actividade deportiva e na nosa responsabilidade de ofrecerlles información e de mover esta información da billarda nas nosas redes sociais. Un exemplo claro do magnífico labor de EGASA e o seu equipo de comunicación é a repercusión que ten a Conferencia Noroeste nos medios. Grande EGASA. “Compartide nas vosas redes sociais compañeir@s“, di sempre con voz clara e segura, Edu, o “Grande Egasa”. Que razón ten e que pouco caso lle facemos!

Noticias de Bergantiños publicou o 21 de xuño, no seu facebook, a información que subiu o concello de Laxe xunto con imaxes da entrega de premios da xornada 8 da Conferencia Noroeste da Liga Atlántica de Bilalrda. Bisbarra en xogo tamén publicou ese mesmo día 21 unha crónica e imaxes da xornada de Laxe. Que pasa na costa publicou o 17 unha previa da xornada de Laxe e o 22 comentou o sucedido no pavillón de Laxe. Ademais da edición en papel do Diario de Bergantiños.

Nòs diario tamén informou hoxe das xornadas da vindeira fin de semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *