Campo da Feira gaña a quinta xornada da Conferencia Norleste
A quinta xornada da liga de billarda da Conferencia Norleste desputouse no campo da Nadela, en Lugo.
O campión foi Muriego (Remourelle Bulls), 2º Albino (Carabullo) e 3º Juan Carlos de Campo da Feira.
A campioa feminina foi Paula de Chaínzos-Cadaval e campión infantil Abel de Campo da Feira.
Por equipos Campo da Feira foi o gañador da xornada con 79 puntos.