Venres, Abril 26, 2024
ActualidadeConferencia NorlesteLiga Nacional de Billarda

BULLMAN queima a muralla e …ARDE LUCUS

O Bullman de Tapia de Casariego arremete contra as murallas de Lugo

Como ben sabedes BIGAL ten espallado por todo o territorio LNB unha tropa de reporteiras e reporteiros que informan sobre o que vén, escoitan, senten, intúen e, na maioría dos casos, soñan. Pois ben, isto é o que nos chegou sobre a xornada de Lugo. Para empezar, as dúas primeiras imaxes mostran a BULLMAN, o novo superhéroe galego-asturianu que conquistou as murallas de Lugo a billardazos. Na primeira imaxe Muriego móstrase sen disfraz algún, na segunda imaxe xa está metamorfoseado en BULLMAN.

Quen esperaba que un animal coma o boi, que se encontra máis cómodo en rabaño, puidese actuar de xeito tan impoñente co apoio de só dous compañeiros de manada? Ninguén, nin sequera o mesmo Muriego, que como digno Bull, é pesimista por acordo verbal. Despois de obter o maior éxito da súa carreira deportiva, Muri, apenas deixou para os libros de historia un tímido sorriso cando Patri lle entregou o trofeo e, ao instante, deixou descansar a musculatura facial. “Non estamos para entregar calorías ao parvo que aínda temos que chegar a Remourelle e haiche que superar moitas curvas”, dixo Milio, mentres atendía ao teléfono, pois Villarino xa recibira a nova e estaba comprobando se era certa ou era unha falsa noticia desas que circulan polas redes sociais. Jorge, o delegado federativo de REM, tamén recibiu a chamada do seleccionador Flores e mesmo do concello de Tapia de Casariego, que tiña urxencia por exercer a opción de recompra de Muriego, xa que, a Copa Cantábrica está preto. Mentres, Remourelle Bulls quere blindar ao seu xogador franquicia cun seguro a terceiros, xa que, o equipo non quere arriscarse a que se lesione agora que logrou a súa madurez deportiva. Tendo en conta que o enfrontamento coa selección de Asturies sempre está rodeado de tensión, hipertensión e triglicéridos non está de máis protexer os pés de Muriego cunha póliza multi-risco.

Arde Lucus… e coa madeira que chegou da Laracha

Foi unha tarde de superheroes, pois na categoría de equipos Campo da Feira ganou grazas, entre outras cousas ao seu Home Araña particular. Nas dúas fotos de abaixo, podemos ver a Eduraña antes e despois da metamorfose.

Na categoría de equipos, Campo da Feira foi a sorpresa, pois, sabemos que o equipo de Paiosaco domina a LNB NOR, pero, nunca lograra transportar un número de xogadores suficiente para ter opcións de vitoria. Desta vez, foron 8 xogadores os que mobilizou o equipo do Araña e usando unha táctica envolvente estendeu a súa arañeira sobre o campo de Nadela. Todos os rivais caeron atrapados nos fíos invisibles que tece con mestría o Home Araña de Peisaco. Agora quen os para? Para empezar aínda están celebrando o seu triunfo 48 horas despois. Vemos unha das fotos desta celebración. Non quixeron esquecerse de Bullman.

 

Estas son as actas

 

Algunha imaxe de deportistas

Antes de empezar a xogar Muriego estivo negociando con Sandra e Navallo a súa incorporación a Troitas. A equipación apenas ten que retocar o escudo. Mais, despois da vitoria de Muri, cremos que hai que poñer varios ceros á dereita da cifra inicialmente pactada.
Jose, xogou por vez primeira.
LUCHO de CHAÍNZOS-CADAVAL
MIGUEL de CHAÍNZOS-CADAVAL
SANDRA de TROITAS BRAVAS
VIVI de CHAÍNZOS-CADAVAL

 

A xornada tivo estas puntuacións por equipos

 

Agora as clasificacións xerais quedan deste xeito

 

A polémica da xornada

A quen se lle ocurriría poñer a arbitrar a este home aqueixado dunha deficiente visión e con síntomas evidentes de … Acabouse a cordura na LNB Norleste? Despois acontecen disputas dialécticas por billardas que van por fóra e o árbitro as ve dentro e outras billardas que van por dentro e danse por fóra. En fin, por favor, psicotécnico a quen colla a carpeta para arbitrar, xa!

 Aquí queda o audivisual da xornada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *