Venres, Decembro 13, 2024
Sin categoría

CRÓNICA ABERTO DO RÍO Gabenlle-A LARACHA

       O Aberto do Río na área recreativa de Gabenlle (A Laracha) foi un dos que tivo maior participación deste verán 2018. Aos xa habituais xogador@s da Conferencia Noroeste sumáronse nov@s practicantes que quixeron divertirse dando golpes a un anaco de madeira. 

        O prado á beira do Anllóns fai un campo de billarda espectacular. Iso si, por favor, quen teña pensado ir o vindeiro ano que se arme para defenderse dos mosquitos trompeteiros do Anllóns, que teñen as patas máis musculadas que o brazo de Rafa Nadal. De tal asunto poderíanos falar Kevin, de APB SANTA MARTA, a quen lle puxeron os brazos como patas de elefante. Deixando isto de lado, o prado estaba en perfectas condicións para a práctica da billarda, outra cousa foi que moitos palanadores non estiveran acertados e precisos nos seus golpes. 
        

       Despois de 4 carreiras, os cruces eliminatorios fóronse celebrando ata determinar que os 3 finalistas foran J. Carlos, Xulio Ponte e Collazo. Pois ben, ata aquí todo normal, xa que son xogadores de gran nivel. O que ninguén se esperaba era unha ANTI-FINAL. Ou sexa, que a calidade dos seus golpes na final foi vulgar, por non dicir, mediocre. En definitiva, en 3 carreiras da final, Collazo quedou con 0 ptos, J. Carlos con 1 (dun total posible de 6 ptos e con 4 golpes para lograr entrar). Isto significa que Collazo non entrou en ningunha das 3 carreiras, que J. Carlos só entrou na última carreira e no seu último golpe (iso si, cun varado). Soamente Xulio Ponte entrou nas dúas últimas carreiras (sempre no cuarto e último golpe). En definitiva, que o campo tiña a herba moi alta, que se os mosquitos non deixaron tregua, que a sobremesa superou a taxa de glúcidos permitida…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *