Mércores, Marzo 26, 2025
Sin categoría

CRÓNICA TAB de MANZANEDA

        O venres 24 de agosto celebrouse o Aberto de Manzaneda cunha enorme emoción entre veciños e veciñas que se deron cita para ver este marabilloso espectáculo da LNB que ten como obxectivo a recuperación da práctica da billarda en todo o territorio galego. Asi, xuntáronse mozos e mozas nacidos no século XXI e persoas adultas que o fixeron no século
XX, e algunha destas antes da mitade deste século pasado. O Macizo Central ourensán ten tradición de billarda e algúns dos participantes lembraron como xogaban nos prados e nos camiños.
        En definitiva, foi unha reunión lúdico-festiva na que non faltou a presenza de representantes da LNB. 6 intrépid@s xogadores das Rías Baixas acercáronse ata Manzaneda. Ademais, o Concello de Manzaneda encargouse de proporcionar a nutrición e hidratación axeitada para tod@s @s deportistas.

 

 

 

 

     En canto aos resultados, dicir que os representantes LNB dominaron o Aberto. Deste xeito, dous dos pensionistas de Gharaboto conquistaron o Macizo Central, a pesar de ser homes da beira do mar. Debemos salientar a destreza demostrada polos xogadores locais, quen o único que necesitan é a práctica continuada. A intención da LNB e dos propios nativos é recuperar a práctica da billarda na Comarca. Agora, falta dar o paso definitivo. Veremos que sucede !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *