LNB NOS TORNEOS INTERNACIONAIS 2018
Xa entramos na recta final da temporada 2017-2018 da LNB e as xogadores e xogadores teñen que buscar o seu mellor momento de forma para alcanzar os seus obxectivos. Algúns e algunhas pretenden entrar en prazas de finalista como meta final. Outros optan ao título de Conferencia, outras a entrar no podio dalgunha xornada de liga. En definitiva, cada quen ten as súas metas. Mais o que todas e todos teñen ben en conta é a chamada da selección LNB. A convocatoria para participar nos torneos internacionais deste verán está próxima a saír, entón que cada quen dea o mellor de si mesmo.
Flores, seleccionador LNB, terá este ano unha dura tarefa, pois non vai ser doado escoller a quen represente á LNB por Europa adiante. Así, xa se recibiron dúas invitacións para participar en Slovenia (1-2-3 xuño) e en Romanía (24-25-26 agosto), polo tanto, Manolo Flores vai ter que facer un seguimento de xogadores e xogadoras máis exhaustivo que o do ano pasado. Lembremos que os representantes da LNB no torneo internacional de Pandolo 2017 volveron cuns resultados precarios. Ou sexa, regresaron cun mancado de gravidade e unha penúltima posición na xeral. A piques estivo de custarlle o cargo ao seleccionador, pero finalmente non foi aceptada a súa dimisión e continúa unha temporada máis como máximo responsable da selección LNB.
![]() |
Programación do Torneo Internacional |
![]() |
Invitación enviada pola Federación Slovena de Pandolo (denominación da billarda en Slovenia) |
![]() |
Invitación enviada pola A. S. Clubul Român de Ţurcă (denominación da billarda en Romanía) |