Venres, Abril 26, 2024
Sin categoría

XORNADAS LNB DA VINDEIRA FIN DE SEMANA

CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
        Para a elaboración do cartel da xornada de Poio, Armadiña contou co protagonismo de Diego Castro (Papi), que se caracterizou como KOYAK, un dos máis destacados representantes da LEI. Vemos algúns dos pasos previos á excelente interpretación. En vez de revolver con balas, Papi ármase con palán e billardas.

 CONFERENCIA NOROESTE 

       No Noroeste están organizando unha voda nocturna para o sábado, pois se a Gándara lle resultou exitoso acudir a unha delas o día anterior á xornada de Eirís (conseguíu 24 ptos), por que non vai funcionarlles ao resto de xogadores e xogadoras. Están vendo se Collazo por fin se decide a dar o paso de acercarse ao altar… 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *