PREVIAS da fin de semana
A poucas horas das terceiras xornadas nas Conferencias Rías Baixas e Noroeste, as clasificacións están encabezadas por palanadores que non están afeitos a ocupar esas posicións. Daquela, serán quen de manterse no máis alto? A climatoloxía favorable durante a fin de semana levará o xogo da billarda a campos de dimensións olímpicas. Deste xeito, o Campo de Billarda de Poio acollerá á tribo das Rías. Este campo vai esixir moito de palanadoras e palanadores, xa que levar a billarda ata o varal en menos de catro golpes non é doado nun terreo de dimensións olímpicas.
No Noroeste Gándara acudirá, unha vez máis co ritmo no corpo e será difícil sacalo do trono.