Martes, Abril 30, 2024
ActualidadeConferencia NoroesteLiga Nacional de Billarda

COTELO apalpou a súa primeira vitoria LNB

Cotelo regresou da rehabilitación curado do seu mal e por vez primeira ganou unha xornada LNB. Certo que Cotelo xa sabe diferenciar as liñas de banda e incluso identifica cando a billarda pasa entre as varas do varal e cando vai por fóra, pero o máis sorprendente da súa recuperación é que volveu ás pistas de billarda cunha indumentaria novedosa. Nas fotos de abaixo veredes que non son as cores do seu equipo e non sabemos se continuará lucindo a chaqueta de pana nas vindeiras xornadas.

 

Por equipos ganou Campo da Feira de Paiosaco,  seguido de APB da Laracha e de Lúa de Forza de Sanxenxo. Mariña de Malpica-Cochiqueiros foi a ganadora en Féminas, segunda Merche de APB e terceira Lu, de Lúa de Forza. En Infantil ganou Marc Varela, segundo foi Anxo e terceira Uxía, os tres de Campo da Feira.

 

A mañá desapacible restou algo de participación e de espectacularidade aos golpes, aínda así, miráronse fantásticas xogadas. Estas son algunhas das fotos sacadas por EGASA.

Botes de compota de amoras da Laracha con castañas do Courel, foron os premios da xornada

Ademais dos afortunados e afortunadas que subiron aos podios das categorías diversas houbo un gran triunfador e non falamos do Apalpador Cotelo, que levou o saco cheo de ptos para a casa, o gran triunfo foi o dun estilo de facer billarda, o de APB. Para mostra deste estilo observade primeiro estes vídeos.

Pois si, o movemento circular do derviche Julito Vilas está causando sensación noutros palanadores. Incluso xogadores doutros equipos, coma o caso de Anxo Añón, o palanador máis novo da Conferencia. O que sucede é que Cotelo deulle unha evolución ao movemento circular e deixouno nun adiante, atrás pélbico… que podemos dicir? A el funcionoulle de marabilla.

Agora as clasificacións xerais quedan deste xeito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *