COTELO apalpou a súa primeira vitoria LNB
Cotelo regresou da rehabilitación curado do seu mal e por vez primeira ganou unha xornada LNB. Certo que Cotelo xa sabe diferenciar as liñas de banda e incluso identifica cando a billarda pasa entre as varas do varal e cando vai por fóra, pero o máis sorprendente da súa recuperación é que volveu ás pistas de billarda cunha indumentaria novedosa. Nas fotos de abaixo veredes que non son as cores do seu equipo e non sabemos se continuará lucindo a chaqueta de pana nas vindeiras xornadas.
Por equipos ganou Campo da Feira de Paiosaco, seguido de APB da Laracha e de Lúa de Forza de Sanxenxo. Mariña de Malpica-Cochiqueiros foi a ganadora en Féminas, segunda Merche de APB e terceira Lu, de Lúa de Forza. En Infantil ganou Marc Varela, segundo foi Anxo e terceira Uxía, os tres de Campo da Feira.
A mañá desapacible restou algo de participación e de espectacularidade aos golpes, aínda así, miráronse fantásticas xogadas. Estas son algunhas das fotos sacadas por EGASA.

Ademais dos afortunados e afortunadas que subiron aos podios das categorías diversas houbo un gran triunfador e non falamos do Apalpador Cotelo, que levou o saco cheo de ptos para a casa, o gran triunfo foi o dun estilo de facer billarda, o de APB. Para mostra deste estilo observade primeiro estes vídeos.
Pois si, o movemento circular do derviche Julito Vilas está causando sensación noutros palanadores. Incluso xogadores doutros equipos, coma o caso de Anxo Añón, o palanador máis novo da Conferencia. O que sucede é que Cotelo deulle unha evolución ao movemento circular e deixouno nun adiante, atrás pélbico… que podemos dicir? A el funcionoulle de marabilla.
Agora as clasificacións xerais quedan deste xeito.