Sábado, Abril 20, 2024
ActualidadeConferencia NoroesteLiga Nacional de Billarda

LNB NOR Fabien participará na última xornada LNB 2019

Fabien non vai estragar a xornada LNB NOR e para que isto no Noroeste están adoptando as medidas precisas para afrontar un domingo complicado desde o punto de vista climatolóxico. Na imaxe de abaixo podemos apreciar os recursos materiais anti choiva que están probando varios xogadores para non ter problemas de saúde na pista da pulmonía, como se coñece popularmente a pista cuberta de Folgueira, Castelo, no concello de Culleredo.

Outra medida sen precedentes na LNB é a de arbitrar con 4 xuíces, un de pista, dous asistentes de varal e un asistente de liña. Xa se ensaiou onte na pista de Castelo esta actuación de mellora. Os compañeiros e compañeiras do NOR enviáronnos unha foto do momento do ensaio xeral. Podemos apreciar que o asistente de liña vai vestido para esta ocasión de cicloxénese.

Con estas dúas medidas correctoras pensamos que a xornada de mañá vai ser unha das máis atractivas desta temporada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *