FIN DE SEMANA… de Sol e BILLARDA
A quen lle guste o viño albariño producido no Val de Dorrón-Bordóns, que saiba que haberá de agasallo un estuche de 3 botellas para aqueles e aquelas que o merezan sobre a superficie de dura das pistas polideportivas de Bordóns-Sanxenxo. O aberto disputarase en o 24 de agosto ás 17h30.
A falta dunha semana para que arranque oficialmente unha nova temporada da Liga Nacional de Billarda, xa está dispoñible o calendario de competición da Conferencia Rías Baixas. En total disputaranse un total de 18 xornadas, comezando o 31 de Agosto no Grove e concluíndo o 18 de Maio en Bueu.
- O Grove – 31 de agosto
- Sanxenxo – 14 de setembro
- Poio – 28 de setembro
- Xil (Meaño) – 5 de outubro
- Marín – 19 de outubro
- Moaña – 2 de novembro
- Cangas – 16 de novembro
- Vigo – 30 de novembro
- Salcedo – 14 de decembro
- Vilagarcía de Arousa – 18 de xaneiro
- Vilaboa – 1 de febreiro
- Meis – 15 de febreiro
- Soutomaior – 14 de marzo
- Moscoso – 28 de marzo
- Poio – 4 de abril
- Cambados – 18 de abril
- Marín – 2 de maio
- Bueu – 16 de maio
Este ano son 16 os concellos que terán a fortuna de ver ás mellores xogadoras de billarda da provincia. Por vez primeira xogarase en Vilagarcía de Arousa. Volverá a LNB a Xil, así como, a Meis.
No referente ás demais conferencias aínda non se acordaron a día de hoxe os calendarios oficiais, mais temos información de que a Conferencia Noroeste terá esta fin de semana unha reunión na que acordarán as datas e lugares nos que se disputarán as súas xornadas.
En canto a outras datas significativas xa se coñece cando e onde se vai celebrar o Día das Estrelas. Será organizado pola Conferencia Noroeste o día 21 de marzo en Carballo. Tamén se coñece cando se vai disputar a FinaLNB 2020. O evento que determina quen son os campións e campionas da temporada 2019/2020 terá lugar o 31 de maio en Compostela.