Naufraxio de Corredoiras en Sanxenxo. Gharaboto gana a xornada e Armadiña renace das súas cinzas

A tarde do sábado 22 de maio de 2021 quedará na memoria do deporte galego. Un campo de billarda naceu para quedarse. O CABI de Nantes, en Sanxenxo, foi o lugar de saída da nova billarda federada. Ben, o clima foi favorable e a presenza de 56 xogador@s fixo que o espectáculo fora inigualable. Iso si, a dificultade do terreo de xogo levouse por diante as ilusións de moitas xogadoras e outros tantos xogadores, que consistían en entrar no varal en 4 golpes.
Ademais, temos que subliñar a desgraza que lle sucedeu a COR, equipo bicampión Galego e 7 veces campión da Conferencia Rías Baixas. Pois ben, as sensacións eran boas. O equipo estaba segundo na xeral a tan só 1 ptos do líder, Lúa de Forza Sanxenxo. Por outra beira, o equipo de Bueu presentou un cadro de xogador@s curto, pero moi solvente. Así, Charri, líder da categoría Individual Absoluta, Fari, cuarto clasificado, Bego, multicampioa de Conferencia e 1 vez Campioa Galega, Chefa, campioa Galega 1 vez, e Manolo Outeiro formaban un grupo de palanador@s moi fiable. Non obstante, a ledicia inicial que mostraban os Corredoiras foise transformando en berros de desesperación e xuramentos contra o campo, contra a herba e contra os varais monumentais e impoñentes do CABI de Nantes.
En fin, o bravo equipo do Morrazo naufragou en Sanxenxo.




Certo, as sensacións eran boas e a intención de superar ao equipo local xa se daba, máis como un feito que como un pensamento. As cousas comezaron a torcerse cando o modelo zoca de billarda, característico das xogadoras e xogadores de Corredoiras, non se daba posto en marcha. Vaia, que a Zocallarda de Bueu, non traccionaba ben sobre o terreo de Nantes. Xa desde o primeiro golpe se mascaba a traxedia. Finalmente, confirmouse o desastre deportivo de Corredoiras. Por vez primeira desde que o club Corredoiras formou a sección de billarda, xa van aló 10 anos, o resultado nunha xornada de liga foi… último clasificado. Si, ledes ben, con 34 ptos, o equipo todopoderoso de Bueu acadou a peor clasificación da súa historia. Causas desta desfeita competitiva? Varias son as causas, que ben seguro analizarán durante esta semana, xa que, o vindeiro sábado 29 de maio celebrarase a 4ª xornada, precisamente en Bueu. Estamos convencidas, convencidos, que Outeiro encontrará solución para recuperar desta calamidade, tanto a Charri, quen marchou bastante afundido emocionalmente e sen usar a megafonía para cantar algunha rancheira, como nel é habitual, como a Fari, quen rebentou a patadas a súa neveira portátil. Ánimo Corredoiras!
Esta xornada significou a inauguración en competición oficial do Campo de Billarda de Nantes, unha instalación de vangarda no concello de Sanxenxo, cualificado pola Federación Galega DEPAU con 5 estrelas. Así mesmo, o seu grao de dificultade está en 8 na escala LNB, que cualifica os campos de 0 a 10 ptos, segundo as súas características de terreo e dimensións do mesmo. Ben, aínda con estas dificultades na primeira competición federada xa se fixo un Varado (entrar no varal dun só golpe desde a saída). Non foi outro que o Ciclón de Moscoso, o Che. Un lategazo dos seus fixo voar a billarda bastante máis alá dos 50 metros e fíxoo na primeira carreira de cruce eliminatorio. Brutalísimo !




As outras novas destacadas foron as grandes actuacións de Gharaboto, Rinoceronte e Armadiña. Gharaboto ganou a xornada con 67 ptos, un menos que Rino, 66 ptos, e Armadiña situou a dous dos seus palanadores no primeiro e segundo postos do podio Individual, Cho e Manu, ademais de conseguir 57 ptos. Os demais equipos estiveron discretos e por debaixo dos 50 ptos. Corredoiras con 34 ptos foi o último clasificado.
Cho Carballa foi o ganador da xornada, por diante de Manu Maquieira e de Che Garrido. En féminas ganou Tania, por diante de Elena e de Bego. En Infantil ganou Hugo, segundo foi o Raio Verde Xián e terceiro Alexis.
PODIOS



ACTAS







FOTOS











Así quedan as clasificacións xerais nos seus primeiros postos.
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL
ABSOLUTA
| DANIEL | RIN | 67 |
| XAN | LÚA | 67 |
| CHARRI | COR | 62 |
| FARI | COR | 50 |
| CHICHO | LÚA | 47 |
| CAROLO | LÚA | 38 |
| CHO | ARM | 38 |
| ÁLVARO | GHA | 35 |
| ALBINO VEIGA | VAL | 34 |
| CHE | RIN | 34 |
| LANDRAS | FIL | 33 |
| ALFONSO | VAL | 32 |
| XULIO | FEI | 32 |
| HUGO INF | GHA | 31 |
| JUANCHI | LÚA | 29 |
| RICOY | LÚA | 29 |
| PIRU | GHA | 29 |
| TANIA | VAL | 29 |
| ELADIO | FEI | 26 |
| GELÍN | GHA | 26 |
| BENI | COR | 25 |
| ADRIANA | VAL | 25 |
| RICARDO LOIS | LAX | 25 |
| TAXEIRO | VAL | 24 |
| LUISGON | GHA | 24 |
| GONZALO | RIN | 24 |
| JOSÉ MANUEL | RIN | 24 |
| ELENA | GHA | 23 |
| SUSO | GHA | 22 |
| CRIS | RIN | 22 |
| LUÍS CAMIÑA | GHA | 21 |
| ABEL | FEI | 20 |
| OSCAR | FEI | 20 |
| PEQUE | ARM | 18 |
| GERARDO | LAX | 18 |
| OUTEIRO | COR | 17 |
| DIEGO | ARM | 17 |
| MARTIÑO | COR | 16 |
| MANU | ARM | 16 |
| MARTÍN | LAX | 15 |
| CHICHÍ | LAX | 15 |
| LU | LÚA | 14 |
| MARÍA CARIDE | GHA | 14 |
| RICARDO BAS | LÚA | 11 |
| XIÁN | LÚA | 11 |
| EDU | FEI | 10 |
| SANTIAGO | VAL | 9 |
| ANA | GHA | 9 |
| MARISA | LÚA | 9 |
| BEGO | COR | 8 |
CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL
FEMININA
| TANIA | VAL | 29 |
| ADRIANA | VAL | 25 |
| ELENA | GHA | 23 |
| LU | LÚA | 14 |
| MARÍA CARIDE | GHA | 14 |
| ANA | GHA | 9 |
| MARISA | LÚA | 9 |
| YOLANDA | VAL | 8 |
| BEGO | COR | 8 |
| BELMIRA | VAL | 8 |
| ROSA | VAL | 7 |
| IRENE | VAL | 7 |
CLASIFICACIÓN EQUIPOS
| LÚA DE FORZA | SANXENXO | 193 |
| CORREDOIRAS | BUEU | 178 |
| GHARABOTO | MARÍN | 167 |
| RINOCERONTE | PONTEVEDRA | 164 |
| VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | 138 |
| CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO | 116 |
| LAXE DE RONS | O GROVE | 79 |
| ARMADIÑA | POIO | 58 |
CLASIFICACIÓN EQUIPOS
FEMININOS
| VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO | 71 |
| GHARABOTO | MARÍN | 55 |
| LÚA DE FORZA | SANXENXO | 23 |
| CORREDOIRAS | BUEU | 11 |
| ARMADIÑA | POIO | 6 |
| RINOCERONTE | PONTEVEDRA | 4 |
| LAXE DE RONS | O GROVE | 2 |

