Luns, Outubro 7, 2024
ActualidadeXornada

Torneos Abertos de Billarda para rematar 2023 e iniciar 2024

O ano 2023 deixounos atrás e marchou cara ao limbo da memoria humana individual e colectiva. Certo, un pouco de nós tamén se foi ao limbo. Todo o demais de nós, que é moito e necesario, quedou xunto ao resto das persoas que non somos nós mesmas, nós mesmos, eses outros seres que nos bordean e abeiran. Pois ben, a billarda rematou o ano co tradicional Aberto de Fin de Ano de Paiosaco e iniciou o 2024 cos Abertos de Reis de Bueu e de Poio.

Aberto de Fin de ano 2023 en Paiosaco.

O ceo parecía triste e así e todo aguantou todo o Aberto sen chorar. Como todos os anos as sorpresas volveron darse. Destacar a participacion de 60 persoas e co debut de 8 personas vidas de Coimbra e Porto, una de Cataluña e una de Alicante todos as collían o palan por primeira vez. O equipo organizador, Campo da Feira, quedou cos enderezos de varios xogadores e xogadoras debutantes, outro cousa é que poidan fichalos. dato e que a circulacion dos automoviles parabanse para ver o acontencimiento chegando en momentos a facer caravana, os resultados do aberto e o menos importante,

Podios:
ABSOLUTA:
Xan Rodiño de LUA DE FORZA Sanxenxo
Marc. de CAMPO DA FEIRA Paiosaco
Ricardo.de APB A LARACHA
FEMENINA:
Irene de COCHIQUEIROS Cerceda
Merche.de APB A LARACHA
Mercedes. de CAMPO DA FEIRA Paiosaco
INFANTIL:
Lucas. de CAMPO DA FEIRA Paiosaco
Kevin.de APB A LARACHA
Valentín.FILLOAS DE SANGUE A Coruña
Todo foi posibel grazas á colaboración do Concello larachés que cedeu o uso do aparcadoiro público para a celebración deste Aberto nun lugar tan visible e cconcurrido. A Organizacion de CAMPO DA FEIRA-Paiosaco agasallou a todas e todos os participantes cun estupendo xantar de celebración de fin de ano nun bar de Paiosaco (O CEPO).

Aberto de Reis 2024 en Bueu.

E a billarda iniciou o 2024 co tradicional Aberto de Reis que este novo ano celebrouse por partida dobre e en superficies diferentes para satisfacer a todas as persoas, xa que, sábese por experimentos realizados cunha base científica moi sólida que hai seres humanos especialistas en interior e outros que se adaptan mellor ao exterior. Así, o sábado 6 de xaneiro xogouse no pavillón de Beluso e o domingo 7 de xaneiro no campo de billarda de Poio.

O Aberto foi organizado polo club Corredoiras Bueu coa colaboración do Concello de Bueu. No Aberto de Reis de Beluso-BUEU o podio quedou do xeito seguinte:

ABSOLUTA
Xan Rodiño de LUA DE FORZA SANXENXO
Jaime de ARMADIÑA de Combarro
Charri de CORREDOIRAS BUEU
Ao acabar o Aberto houbo unha merenda comunitaria no mesmo pavillón na que Corredoiras e Valpaços conquistaron os estómagos das persoas asistentes a base de roscas, roscóns, empanadas, croquetas e bolos de bacallau, ademais dalgunha bebida espirituosa e outras sen espírito.

Aberto de Reis 2024 de Poio

O Aberto foi organizado pola ACDM Armadiña, sección deportiva Billarda, coa colaboración do Concello de Poio. N0 Aberto de Reis de Poio os podios quedaron da seguinte maneira:
ABSOLUTA
Belmira de VALPAÇOS TERA QUENTE de Vigo
Gerardo de LUA DE FORZA SANXENXO
José Manuel de RINOCERONTE de Pontevedra
FEMENINA
Lu de LÚA DE FORZA SANXENXO
Elena de ARMADIÑA de Combarro
Naia de ARMADIÑA de Combarro
INFANTIL
Mateo de ARMADIÑA de Combarro
Alexis de ARMADIÑA de Combarro
Brais de VALPAÇOS TERA QUENTE de Vigo

O campo de billarda de Poio sempre ofrece imaxes espectaculares. Desta vez, o sol mesturouse coas sombras para deixarnos estas imaxes.

Para ver golpes extraordinarios acontecidos no Aberto pódese consultar tanto o tiktok de BILLARDA GALICIA  como o instagram de BILLARDA.GAL. Ademais, pódese consultar a reportaxe sobre Billarda que elaborou Galicia Confidencial, reportaxe na que indaga sobre o misterio deste deporte que xunta a mulleres, homes, nenas, nenos, mozas e mozos nun terreo de xogo para xogar e incluso divertirse.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *