Xoves, Marzo 20, 2025
Actualidade

O MELGA coa Federación DEPAU Modalidade Billarda. Jesús Andrade e o café de Óscar Valdez

A xornada 4ª da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Noroeste, disputouse en Ponteceso, nas inmediacións do MELGA, Museo Etnolúdico de Galicia. As 46 persoas participantes, a maior parte delas seres humanos, gozaron do sol, do aire, da herba e … incluso algúns palanadores tiveron tempo de tomar o café entre carreira e carreira. Iso si, algún perdeuse no traxecto cara ao bar máis próximo e tamén perdeu a súa vez de golpeo. Ricardo Pérez y Verdes foi o anfitrión de tamaño evento deportivo. O director do MELGA tivo a ben abrir en domingo as instalacións para albergar a entrega de premios e o sentido e merecido homenaxe que a Federación Galega DEPAU, modalidade de Billarda, Conferencia Noroeste lle deu a Jesús Andrade, palanador de Filloas de Sangue, natural de Ponteceso e que tivo que deixar de xogar por un problema de saúde.

Os equipos presentaron estas aliñacións: APB puxo a defender a Merche, Riveiro e Vilas, e deixou a Cotelo, Lito, Bieito e Iván máis adiantados para apañar os ptos que manteñen ao equipo da Laracha na segunda posición. A hemorráxica non nota en exceso a ausencia do seu número 1 Roi Rey. Incluso se escoita comentar que o talentoso e metódico palanador está en folga de paláns por unha discusión subida de adxectivación indecorosa que tivo con Cotelo, palanador que está moi medrado. Despois do alto rendemento da temporada pasada, o infatigable normalizador da Laracha quere ser o número 1 do equipo hemorráxico. As últimas palabras que se escoitaron nesa discusión foron “vaite tomar… café, Cotelo”. FEI puxo a xogar atrás a Mercedes, Auri, Fontaíña, Óscar Ponte, Fuentes, Charli, Lucas, Isa e Juan Carlos, e para atacar os ptos puxo a Eladio, Enrique, Marc, Xulio, Abel e Collazo. O equipo multicampión xa ve outro novo título cerca e, así, algunha das súas estrelas tómase a licenza de faltar a algunha quenda de golpeo. Van tan sobrados que incluso aforran golpes en algunha carreira. Seica é recomendable para que a musculatura non sufra tanto. Óscar é un dos seguidores desa nova liña de adestramento personalizado. FIL sacou un equipo claramente defensivo, con Ramón, Lino, Corral, Landras, Xan G. Dopico, Jesús Insua, José Moris, Miranda, Miklós e Gándara, e puxo a Roi Moris e a L. Fontán como únicos atacantes. Non lle saiu de todo ben a estratexia, xa que dous defensas tiveron que contribuír cos seus ptos para que o equipo mantivera esa terceira praza da xeral. De todos os xeitos, felicitar ao equipo da Coruña, pois ninguén pode dubidar que é o equipo que maior esforzo orzamentario fixo para reforzarse esta temporada. E ben que se nota na clasificación. Iso si, deben traballar arreo na recuperación anímica de Landras. COQ contou na parte de atrás con Boquete, Alberte, Sonia e Silvia e meteu o seu tridente ofensivo para acadar os ptos da xornada a Berdi, Abel Regueiro e Viqueira. Magnífica planificación de cadro de xogadores para esta temporada no equipo de Cerceda. Atrás quedan aquelas xornadas nas que, os dous prófugos da xustiza Berdi e Viqueira, tiñan que ser traídos ata o terreo de xogo esposados polo Cherif Lito Pena. Pola súa beira, LÚA chegou cunha única defensa, Marisa e con Carolo e Xan Rodiño en punta, para atacar eses desexados ptos. Houbo a participación dun nativo de Ponteceso, Ito, quen non foi capaz de aguantar o esforzo dunha xornada, a do MELGA, sempre exixente coa resistencia anaeróbica dos participantes, pois o terreo de xogo consiste nunha mestura de cemento, nos primeiros 15 metros e de herba e buracos estratexicamente situados para dificultar as evolucións das billardas. En definitiva, os músculos e tendóns deben resistir a montaña rusa do campo do MELGA. Ademais, as sempre temidas e respectadas silveiras de detrás dos varais, infunden precaución, cando non sufocación e afogo, ao golpear preto da entrada do varal.

Salientar a presenza dun novo xogador en COQ, mellor dito, a recuperación dun xogador histórico da franquicia cercedense, o sempre pausado e renovador Boquete, ideólogo da neveira con rodas que presentou o equipo de Cerceda nunha FinaLNB e que revolucionou o deseño de complementos deportivos. Tamén, FEI fichou a unha palanadora para reforzar a súa sección feminina, pois o equipo de Paiosaco é tan dominador na súa categoría que busca novos horizontes. Si, agora ten o obxectivo de poñerse á altura das grandes escadras femininas da Conferencia Rías Baixas, para nun futuro moi cercano disputar o título nesa prometida e devezada Categoría de Equipos Femininos que non existe aínda na Conferencia Noroeste.

Collazo ganou a xornada e sitúase novo líder, despois de que Charli non tivera unha boa actuación, quedándose en 9 ptos. O de Gabenlle conseguiu 24 ptos e escalou ata o máis alto da xeral. Segundo foi Xan Rodiño e terceiro Viqueira. En féminas, ganou Marisa por diante de Merche. En Infantil, ganou Abel, seguido de Lucas e Xan G. Dopico.

ACTAS

CLASIFICACIÓNS

EQUIPOS  TOTAL
CAMPO DA FEIRAPAIOSACOFEI305
APBA LARACHAAPB250
FILLOAS DE SANGUEA CORUÑAFIL236
COCHIQUEIROSCERCEDACOK185
LÚA DE FORZASANXENXOLÚA156

 

ABSOLUTAEQUPTOS
COLLAZOFEI76
CHARLY VARELAFEI74
ABEL INFFEI74
XAN RODIÑOLÚA73
COTELOAPB69
XULIOFEI66
ROI MORÍSFIL64
LANDRASFIL60
GÁNDARAFIL55
VIQUEIRACOQ52
BERDILLOCOQ51
RIVEIROAPB48
OSCAR PONTEFEI46
MARC FEI46
ELADIOFEI44
LOIS FONTÁNFIL44
AÑÓNAPB43
ENRIQUEFEI43
XOSÉ MORISFIL41
CAROLOLÚA41
IVÁNAPB39
ALBERTECOQ37
JUAN CARLOSFEI37
ABEL REGUEIROCOQ35
EDUARDOFEI34
LITO PENAAPB34
FONTAÍÑAFEI29
MIRANDAFIL29
ROIAPB28
DAVID CORRALFIL27
MARTÍN BOCIXAFEI26
JULIO VILASAPB25
BIEITOAPB25
KEVINAPB24
MARCOS APB23
FUENTESFEI23
CHICHOFEI21
JUANCHILÚA21
SONIACOQ21
MIKLOSFIL21
MERCHEAPB20
SILVIACOQ20
LUCAS INFFEI18
PABLO COQ17
JESUS INSUAFIL17
MARTÍN CANEDALAX17
MARIÑA APB16
MERCEDESFEI15
ÓSCAR GARCÍA INFCOQ14

 

FÉMINASEQUPTOS
SONIACOQ21
MERCHEAPB20
SILVIACOQ20
MARIÑA APB16
MERCEDESFEI15
LU LÚA14
MARISALÚA14
CARMELA INFAPB12
AURIFEI10
IRIAAPB5
MARICARMENFIL5
ISAFEI5
LUCÍAFIL5
REDIETAPB2

 

INFANTILEQUPtos
ABEL PONTEFEI74
LUCAS FEI18
ÓSCAR GARCÍACOQ14
CARMELA PENAAPB12
XAN G. DOPICOFIL10
MARCOS FEI10
PEDROFIL9
LUCAS FEI7

 

FOTOS DA XORNADA

 

JESÚS ANDRADE homenaxeado pola Conferencia Noroeste

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *