TARDE DE BILLARDA EN BUEU, CHEGOU GHARABOTO E O TRIUNFO FOI SEU
As billardas voaron sobre o ceo de Bueu. Gharaboto gana en equipos e Corredoiras en equipos féminas. Xan Rodiño faise coa 13 xornada. Bego Ríos primeira en féminas e o reaparecido Martiño en Infantil.
Foi tarde de orballo e temperatura agradable, de reencontros e cordialidade, de distancias de seguridade e hidroxeles, de máscaras, simpatía e bo humor. Ademais, volveu a coller o micro Charri, alcumado O mexicano, gran monologuista e peor contachistes. En fin, non acadou a excelencia narrativa de Flores, mais o de Beluso conseguiu que marchara bastante xente e así non houbo problema para aplicar o protocolo de distanciamento social.
Así foron as cousas e así quedan expresadas nestes gráficos e imaxes.
Así quedan as clasificacións xerais.