Venres, Abril 26, 2024
ActualidadeConferencia Rías BaixasLiga Nacional de Billarda

Nacemento do ES…VARADO

O pavillón de Domaio foi o escenario dunha nova marca LNB de Varados conseguidos nunha xornada. Como se sabía da temporada pasada, na que se conseguiran 52 varados, que este pavillón é o máis rápido do circuíto, pois, BIGAL fixo un esforzo sen precedentes e desprazou 4 cámaras ata Moaña. Desta maneira, podemos publicar un vídeo especial con algúns dos varados conseguidos. Para a realización desta proeza, palanadoras e palanadores usaron varios tipos de golpeo. Ademais, quedou bautizado o modelo de Varado de pavillón que se denomina o  ESSSSS…VARADO. Se observades o audiovisual entenderedes o sentido desta denominación. Son mestres nesta arte de golpe Gon e Ricar.

 

As nosas cámaras tamén gravaron o momento no cal Collazo fixo o Varado 100 da súa traxectoria deportiva. Este momento quedou inmortalizado por tres cámaras que o gravaron, usando a tecnoloxía slowmotion. 

 

 

E a vindeira fin de semana xogaranse a 4ª xornada LNB NORLESTE en San Miguel de Reinante o sábado 9 de novembro e máis a 5ª xornada LNB NOROESTE en Boedo, Culleredo, o domingo 10 de novembro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *