Luns, Outubro 7, 2024
ActualidadeXornada

3ª XORNADA DE BILLARDA NAS RÍAS BAIXAS. Na contorna do Lago Castiñeiras, Marín

A vindeira xornada de liga nas Rías Baixas será nas instalacións dun club hípico. Un soberbio e colosal lugar situado nas inmediacións do Lago de Castiñeiras, da beira que pertence ao concello de Marín. Temos dous documentos audiovisuais tremebundos sobre o terreo de xogo.

A entrada ás instalacións do Club A Lagoa en perfectas condicións, despois de 3 horas de darlle aos fouciños.

Aquí queda o enlace para chegar ao Club Hípico A Lagoa Pereiro, Marín e non perderse no intento.

Ademais, queremos deixar constancia de que os medios de comunicación seguen informando do mundo da billarda e cada vez está máis preto a primeira retransmisión televisiva en directo dunha xornada de billarda. Algo máis lonxe queda a consideración da billarda como deporte olímpico, non obstante, o camiño xa está iniciado e andados os primeiros pasos e alancadas. Da Conferencia Rías Baixas informou o Diario de Pontevedra na súa edición en papel.

Da Conferencia Noroeste informaron Bisbarra en xogo tanto na súa web, Bisbarra.com  como no seu facebook, tamén La Voz de Galicia.es  edición de Carballo e El diario de A Laracha no seu facebook, en definitiva, debemos aproveitar para compartir nas redes todas estas información, pois sabemos o poder destas redes. Consolidar este deporte marabilloso é tarefa de cada unha, de cada un de nós. Debemos traballar para que as novas xeracións sintan curiosidade pola billarda como deporte divertido, saudable e seguro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *