Sábado, Febreiro 24, 2024
ActualidadeXornada

12 xor L.A.B. en POIO e próximo evento de billarda televisado pola TVG 2

A xornada 12 da L.A.B. Rías Baixas marca o comezo da fase definitiva. Será esta tarde en Poio, no campo de fútbol da Reiboa, en herba artificial. As 5 últimas xornadas van desatar os nós das clasificacións de maneira definitiva. Sempre foi así.

Ademais, esta temporada vai servir para formar as seleccións NORTE e SUR que se enfrontarán no Campionato de Seleccións, evento deportivo que será televisado pola TVG2 o vindeiro xullo (data e lugar por confirmar). Desta forma, amais da emoción e o interese dun final de liga espectacular, vaise engadir a posibilidade de formar parte desas seleccións. Un camiño máis curto que o que leva ás finais da Liga Atlántica de Billarda, do último domingo de xuño. Camiño que todos e todas comezarán hoxe pola tarde en Poio. No Norte comezará o vindeiro domingo 24 abril en Narón, na disputa da 12 xornada da L.A.B. Noroeste.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *