Venres, Abril 26, 2024
Sin categoría

FINAL LNB 2018 Prazas de cada Conferencia

        Faltando dúas xornadas por disputarse na Conferencia Rías Baixas, as cousas están deste xeito, en canto ás prazas para participar na Final LNB 2018, do 27 de maio en Compostela.
CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
       A falta de dúas xornadas, hai 17 protagonistas dun final de temporada emocionante. Desde Rial (189 ptos) ata Álvaro Pai (150 ptos) calquera pode clasificarse entre os 24 postos de finalista e calquera pode quedar fóra destas prazas. Evidentemente, Rial, Cris, Cho, Lu, Manu e Lito, que superan os 180 ptos, estarían dentro se conseguen estar na súa puntuación media por xornada. Despois está o caso de Taxeiro, Gerardo Torres, Charri e Adriana, quen están a unha presada de puntos dos seus perseguidores e deberán render a gran nivel se queren defender esas prazas que ocupan actualmente. Alberte, Carolo, Suso, Martín, Papi e Chefa están a menos de 14 ptos da última praza de Finalista, polo tanto, que fermosas xornadas imos presenciar.
                                             CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA
       Nesta categoría, pensamos que están as prazas repartidas excepto a última. Analizando as puntuacións que alcanzan de media por xornada as xogadoras, diremos que Zaira é a única Finalista que está en zona moi perigosa. Cheli, Inés, Vanessa, Ainhoa e Yudani están a menos de 8 ptos dela, polo tanto, a xornada de Bueu será determinante. Quen se adaptará mellor á herba sintética? Verémolo.
                                                            CATEGORÍA VARADOS       
       Faltan dúas xornadas que se xogarán, previsiblemente, en exterior, daquela o número de varados vai ser moi baixo. Entón, podemos afirmar que os que teñen posibilidades de alcanzar algunha das dez prazas de Finalista son Luís Camiña, Daniel, Cris e Luís Gon. Están a dous varados da última praza. Aínda así, vai ser un reto moi difícil de conseguir, tendo en conta as superficies nas que se vai xogar: campo de herba sintético de Beluso e Campo Nacional de Billarda de Poio. 
                                             CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
        Os equipos que loitarán polo Título Nacional representando á Conferencia Rías Baixas serán CORREDOIRAS (Campión Nacional 2017), GHARABOTO e LÚA DE FORZA.












        Faltando dúas xornadas por disputarse na Conferencia Noroeste, as cousas están deste xeito, en canto ás prazas para participar na Final LNB 2018, do 27 de maio en Compostela.

CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
       Podemos dicir que matematicamente aínda teñen posibilidades Lois Fontán, Merche Kevin, Viqueira, Enrique, Berdillo, Oscar Ponte, Dilan e Apóstolo de conseguir entrar entre os 9 postos que conceden praza para a Final LNB 2018, pero o sentido común e os resultados obtidos nas xornadas disputadas convéncennos de que quedarían dúas prazas por decidir. 
       Deste xeito, Andrade e Julio Vilas deberán defender as súas posicións actuais de Finalista ata a derradeira xornada. Quen teñen as mesmas posibilidades de conseguir billete para Compostela son Apóstolo e Dilan, pois están empatados a puntos con Vilas. Oscar Ponte xa se encontra a dez puntos destes tres APB, mais a súa media de puntos por xornada (faltou a tres xornadas) fainos pensar que vai ter oportunidade de meterse nas 9 prazas. 
CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA
       As matemáticas confirman que Carmela, Begoña, Cruz e Aurelia, aínda poderían alcanzar algunha das dúas prazas de Finalista. Non obstante, os resultados das xornadas celebradas ata o de agora son rotundos e non deixan lugar ás dúbidas, serán Merche e Mariña quen representen ao Noroeste na loita polo Título Nacional Feminino LNB 2018. De todas as maneiras, a billarda é imprevisible e unha lesión de última hora, unha indisposición, un empacho, un desgusto, poden tirar polo chan a ilusión de acudir á Final 2018. Daquela, a coidarse, vitaminarse e supermineralizarse. 
CATEGORÍA VARADOS
       Na categoría do golpe único hai tres prazas e dúas están practicamente decididas para Collazo e Xulio. Na terceira posición están empatados 6 xogadores, Óscar Ponte, Edu, Gándara, Julio Vilas, Juan Carlos e Lito. Se nas próximas xornadas non hai varado algún, terían que desempatar na última xornada. O campo de fútbol de Malpica (penúltima xornada) non semella ser un lugar fácil de conquistar a base de varados.
CATEGORÍA EQUIPOS
       Os equipos que representarán á Conferencia Noroeste son CAMPO DA FEIRA e APB SANTA MARTA. Aquí non hai outra posibilidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *