XERRO DO SALNÉS 2018
 |
PINTOS (palanador nativo sen licenza LNB) |
O Xerro 2018 queda no Salnés. Desta vez, un xogador amateur das Rías Baixas., Pintos, conseguiu vencer. O secreto do seu xogo hai que buscalo na adaptación ao microclima de Xil e á cor da folla nova dos viñedos que están situados detrás dos varais. Esta cor deslumbra a aqueles ollos non habituados ao cromatismo da vide. Así, excelentes palanadores do norte non foron quen de golpear a billarda no aire debido aos reflexos verdes que lle impactaban na vista.
 |
Pintos, co seu triunfo, licenciouse para poder xogar xa na LNB Rías Baixas |
 |
GUTI Troitas Bravas |
 |
FLORES Ekipa Bítere |
 |
FRANCO Billardeiros Musicais |
 |
GENI Billardeiros Musicais |
 |
NOE Troitas Bravas |
 |
SACHAS Troitas Bravas |
 |
VILLARINO Remourelle Bulls |
En definitiva, para render a bo nivel cando se xoga na pista das Angustias hai que ter o corpo aclimatado ao clima da Terra do Albariño. A expedición LNB que veu do norte está pensando seriamente a posibilidade de pernoctar en Meaño durante a semana previa ao o Xerro 2019.
TAB CANTODAREA 2018
Houbo 32 participantes no Aberto das Cigalas de Cantodarea. O empedrado do parque azul cos seus bancos en medio dunha das pistas de xogo é un lugar moi atractivo para xogar á billarda, xa que, un obstáculo como ese require de enorme precisión para evitar golpear nel. Cada quen fixo o que puido.
 |
Cerqueiro da escola de Valpaços debutou en Marín |
 |
PODIO – 3º-L. Camiña 1º-Xan 2ª- Bego |
 |
ANA Gharaboto |
 |
ARES Andarela |
 |
CASILDA Gharaboto |
 |
L. CAMIÑA Gharaboto |
 |
LU Lúa de Forza |
 |
Os bancos do Parque Azul de Marín deron respiro aos corpos cansados |
 |
BEGO Corredoiras |
 |
LUCÍA Rinoceronte |
 |
MARISA Lúa de Forza e BEGO |