FINAL LNB 2018 Análise da temporada
En cor verde finalistas da temporada 2016-2017 que xa non o son esta temporada. En cor marela finalistas da temporada 2017-2018 que non o foron na pasada. |
Despois de realizar unha profunda análise sobre os resultados desta temporada 2017-2018 que está a piques de finalizar podemos afirmar que o cambio xeracional aínda está lonxe de producirse. Deste xeito, na Conferencia Mai (aínda falta unha xornada por disputar) habería 4 novos xogadores que xogarían a Final LNB 2018 que non o fixeron a temporada anterior. Na Conferencia Noroeste (faltan dúas xornadas) serían 3 xogadores quen disputarían por vez primeira a Final LNB. Na Conferencia Rías Baixas (fantan dúas xornadas) serían 5 xogadores que non foron finalistas a temporada pasada. As porcentaxes de variación serían, polo tanto, dun 27% na Norleste, un 33% na Noroeste e un 21% na Rías Baixas.
Outra cousa que reafirma este dominio dos mesmos palanadores e palanadoras da temporada pasada en todas as conferencias é que na Categoría de Equipos están asignadas 7 das 8 prazas e están ocupadas polas mesmas escadras da temporada pasada. Máis aínda, a única praza que aínda está no aire está ocupada, polo momento, por Chaínzos-Cadaval. Faltando unha xornada na Norleste só Troitas Bravas podería superalos na clasificación final. Ou sexa, se o equipo da Pontenova non o evita volverase a repetir a final cos mesmos equipos que a temporada pasada.
En definitiva, a billarda precisa práctica para alcanzar un nivel competitivo elevado e aquelas e aqueles que levan tempo practicando teñen vantaxe sobre quen se incorpora de novo. Por outra beira, a xeración infantil é fantástica, e deberemos contribuír con estímulos agradables a que camiñen pola adolescencia e pola xuventude co corazón cheo de amor a este deporte marabilloso. Billarda Sempre !