Venres, Setembro 20, 2024
Sin categoría

2014 XERRO DO SALNÉS

PARTICIPACIÓN
67

NORTE
17
SUR
50


HOMES
49
MULLERES
18

Despois da primeira fase de grupos pasaron á seguinte fase os/as 4 mellores clasificados/as de cada grupo (había 6 grupos), sempre tendo en conta a variable seguinte: teñen que pasar os/as dous/dúas mellores do NORTE e os dous/dúas mellores do SUR. Deste xeito, na segunda fase de eliminatorias houbo 12 enfrontamentos individuais NORTE-SUR. O resultado destes enfrontamentos daría o ganador do Xerro do Salnés 2014.

XERRO DO SALNÉS

NORTE 4
SUR      8
Despois continuaron as eliminatorias ata establecer un podio absoluto e feminino do TAB Aberto Taberna de Cancela, que tivo como agasallo Albariño Rías Baixas.
 PODIO CATEGORÍA ABSOLUTA
2º-XAN (SUR) 1º-ALBINO (SUR) 3ª-BEGO (SUR)
 PODIO CATEGORÍA FEMININA
3ª-RUTH (NOR) 2ª-SOFÍA (SUR) 1ª-GENI (NOR)
Houbo un ambiente fenomenal tanto de participación como de espectadores que presenciaron o XERRO.
O sol fíxonos compañía
As viñas están xestando o albariño 2014

En definitiva, o NORTE marchou con dúas botellas de albariño (cheas) as que ganaron GENI e RUTH, e non sei cantas baleiras. O Xerro segue en terras do Salnés. E o próximo ano…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *