Acontecemento deportivo do domingo: SUPERBOWL ou LNB NOROESTE?
Dron LNB voando sobre os ceos de Soandres (2017-10-22) |
O acontecemento deportivo a nivel planetario do vindeiro domingo 4 de febreiro non é a Superbowl americana, senón o reto de chegar ao varado 3 mil que afronta a LNB NOROESTE. Como calquera fazaña humana esta proeza vólvese cada vez máis complicada de realizar, a medida que nos acercamos ao día D(omingo). Un terreo de herba cunhas dimensións olímpicas e agora as previsións fan pensar seriamente que… se cadra, chove en Cecebre. A LNB NOROESTE vai facer voar varios drons o mesmo día de madrugada para que actúen sobre as nubes. Pretenden facer un clareo de nubes de 11:00 a 14:00 para facilitar o golpeo de palandores e palandoras e, deste xeito, acadar 4 varados na xornada 9 de Cecebre (Cambre). Xa se fixera o mesmo na xornada terceira en Soandres (A Laracha), cando Meteogalicia ameazara con choiva intensa pola mañá e o dron LNB conseguira evitala.
De todos os xeitos, segundo afirman desde a organización, non estaría de máis que xogadores e xogadoras fosen provistos do material axeitado para unha superficie mollada e unha climatoloxía igual de húmida.
Material LNB para circunstancias de choiva |