Mércores, Decembro 11, 2024
Sin categoría

RESULTADOS FIN DE SEMANA

O DOMINGO XOGOUSE EN VILALONGA (SANXENXO) O I ABERTO DE BILLARDA. NA PRAZA DE VILALONGA, EN FRONTE DO CAMPO DE FÚTBOL DE SAN PEDRO, UN LUGAR CÉNTRICO DA PARROQUIA.
AS CIFRAS SON AS SEGUINTES

PARTICIPACIÓN

36
28 HOMES
8 MULLERES

1º CLASIFICADO     XAN
2º CLASIFICADO     GELÍN
3º CLASIFICADO     LUÍS
4º CLASIFICADA     ELENA


1º CLASIFICADO INFANTIL     XAVI

1ª CLASIFICADA FEMENINA     ELENA
2ª CLASIFICADA FEMININA     GENI
3ª CLASIFICADA FEMININA     CHELI







A celebración do ABERTO foi un éxito de participación e de organización. O noso agradecemento a Luís Agraso, a Ana Tacón e á Comisión de Festas de Vilalonga. Grazas a persoas como eles e a outras de Vilalonga que colaboraron aportando os premios (houbo premios para todos e todas os participantes) poidemos disfrutar dunha tarde maravillosa de billarda. A participación infantil foi destacada, ata 8 nenos menores de 15 anos participaron e outros moitos acercáronse ao final do aberto a practicar na pista de xogo. Como se dun partido de fútbol se tratase irrumpiu no terreo de xogo unha manchea de pícaros, colleron paláns e billardas e puxéronse a emular aos grandes do universo LNB. 
Foi fantástico ver como xente de todas as idades contemplaron o aberto. Adultos, nenas, nenos, e outras persoas que xa pasaban de adultos, quedaban apoiados e apoiadas nas vaias que delimitaban o campo con xesto de sorpresa e admiración a un tempo. Comentarios diversos: ¡que ben lle pega ese do pelo branco! (o gran ASTERIX de Ribadeo, un dos máis grandes da LNB: Daniel). ¡Que dereita a manda esa señora! (unha das máis grandes da LNB: Geni). ¡Aquel da barba branca dalle moi ben pero case sempre a tira por fóra! (un palanador da elite da LNB, un PAL-10, TOP TEN, no idioma galego: Luís Camiña).
En definitiva, este deporte dá para xogar e tamén para ser observado e comentado. É fundamental a participación nestes abertos de verán de grandes mitos da LNB, que o serán máis conforme a xente coñece os seus nomes: como se chama ese do pelo branco e a cara “vermella” (Daniel despois de tomar o sol nas praias do Salnés), como se chama esa señora, como se chama o da barba, como se chama o neno zurdo, como se chama aquel máis gordo, etc. Calquera deporte precisa de homes e mulleres que busquen retos e consigan logros, para que outras persoas busquen os seus propios no deporte e noutros aspectos da vida. 
Polo tanto, grazas a todos e todas os que facedes posible este gran reto que é a LNB.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *