Xoves, Novembro 7, 2024
Sin categoría

FIN DE SEMANA NOROESTE

      Xa está preparado o lugar para a disputa da 9ª xornada LNB Noroeste. O Campo da Balastreira ten un “verdor cinguido” que espera ver grandes golpes o domingo pola mañá. Vemos na imaxe de abaixo a varios palanadores de Campo da Feira adestrando. Ademais de competir polos puntos da xornada, en Cecebre, o domingo 4 de febreiro, pode alcanzarse o varado 3000 da LNB. Faltan 4 varados e o equipo de Paiosaco quere conseguilos. Adestran, estes días previos, no tiro de frechas con arco para afiar a puntería. Pensan que lles servirá para despois dirixir as billardas dereitiñas ao varal.
CAMPO DA BALASTREIRA (CECEBRE-CAMBRE)
       
       A clasificación na Categoría de Equipos está máis que definida. Así, pasado o ecuador da competición, Campo da Feira e APB semella que non abandonarán as prazas de Final Nacional ata o remate. O Título de Conferencia volverá para Paiosaco. Onde realmente está a emoción e o interese é nas prazas de Final Nacional Individual Absoluta, xa que, exceptuando a Collazo que ten a praza asegurada, os demais deberán intensificar o rendemento. Edu empezou moi forte a competición e agora ve ameazada a súa segunda praza por Lito, o palanador de Malpica, que se mostra moi regular. Estes tres xogadores teñen unha vantaxe de vinte puntos sobre o límite das prazas de Finalista, polo tanto, poden xogar con tranquilidade. A partir de aquí, ou sexa, do cuarto posto que ocupa Gándara ata Juan Carlos que marca a fronteira dos finalistas hai só 12 puntos. Estupendos xogadores como Roi Rey, Andrade, Xulio e Oscar Ponte ocupan a zona inestable, pois en calquera descoido poden caer ao abismo. Isto indica a igualdade entre os palanadores. Dilan e Carlos están a un pasiño de 1 e 2 puntos de entrar nas prazas. Apóstolo e Viqueira asoman a cabeza, aínda que bastante lonxe, 11 e 18 puntos respectivamente.  
        

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *