Venres, Marzo 29, 2024
Sin categoría

TROFEOS TODOLNB

Os trofeos e premios que se otorgan en calquera deporte sirven de estímulo para os deportistas e as deportistas. Tamén, son o recoñecemento por parte da sociedade do valor que ten a práctica deportiva. Deste xeito, TODOLNB, no seu afán de valorizar a práctica da billarda, crea o premio VARAL e o premio BILLARDA.

O premio VARAL ten como obxectivo recoñecer o número de varados que consiga unha palanadora ou un palanador durante toda a súa carreira deportiva. Haberá VARAL DE AMIEIRO (33 varados), VARAL DE BIDUEIRO (66 v.), VARAL DE SALGUEIRO (99 v), VARAL DE PIÑEIRO (122 v), VARAL DE TOXO (155 v), VARAL DE CARBALLO (188 v) E VARAL DE ACIVRO (>221).

O premio BILLARDA ten a intención de recoñecer o número de participacións dunha palanadora ou dun palanador na LNB durante a súa carreira deportiva. Haberá BILLARDA DE AMIEIRO (99), BILLARDA DE BIDUEIRO (199), BILLARDA DE SALGUEIRO (299), BILLARDA DE PIÑEIRO (399), BILLARDA DE TOXO (499), BILLARDA DE CARBALLO (599), BILLARDA DE ACIVRO (>699).

TODOLNB ten información histórica que lle está permitindo actualizar os datos da LNB. A partir desta información establecerá unha clasificación de número de varados e outra de número de participacións. Só se contabilizarán as participacións e varados en xornadas de LNB nas conferencias actuais e nas novas que se poidan crear.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *