Venres, Abril 26, 2024
Sin categoría

NORLESTE 8ª XORNADA MEIRA

CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1MARKYTOSBILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO
2SANTICARABULLOPONTE DE OUTEIRO
3LUÍS PIRUGHARABOTOMARÍN




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1GENIBILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO
2LOLA EIRASPOLKA MISERIAPOL
3LORENACHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI





CATEGORÍA EQUIPOS


BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO

CARABULLOPONTE DE OUTEIRO

CHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI

     Despois da xornada de Meira as clasificacións vanse estirando. Na Categoría de Equipos son 19, 15 e 9 os puntos que separan ao segundo do primeiro, ao terceiro do segundo e ao cuarto do terceiro, respectivamente. Isto indica que despois das dúas últimas xornadas xogadas en pavillón as distancias agrandáronse entre os tres primeiros clasificados. Na xornada 6ª a diferenza era de 10 ptos entre segundo e primeiro (agora son 19) e de 8 ptos entre terceiro e segundo (agora son 15). Que cada quen tire as súas conclusións. O certo é que estas distancias non son tan grandes como para afirmar que o título xa está decidido, nin moito menos para pensar que as prazas de Final Nacional xa están asignadas. A primavera e as superficies de terra e herba dictarán sentenza, como así o fará o campo do Castiñeiriño (Compostela).
       Na Categoría Individual, Charli aguantou firme en superficie de pavillón e mantén unha distancia similar á que tiña antes dos pavillóns. Dos primeiros clasificados só tres se acercaron ao de Ponte de Outeiro. Foron, Manu Pozo estaba a 11 ptos e agora está a 9. Daniel estaba a 14 e pasou a 12 e Santi, quen antes estaba a 33 e agora está a 32. O resto dos primeiros clasificados perderon distancia con relación ao líder. Deste xeito, Regueiro estaba a 12 e agora está a 14, Rubén de 21 pasou a 23, Pepe Outeiro de 19 a 25, Cortón de 23 a 26, David Navallo de 28 a 29 e, finalmente, o máis perxudicado por este tipo de superficies foi Sachas, quen de estar a 17 ptos do líder pasou a estar actualmente a 29. En conclusión, palanadores e palanadoras a billarda xógase en calquera superficie, polo tanto, hai que intensificar os adestramentos previos ás xornadas e utilizar unha superficie similar á que vai server de campo de xogo.

        Na Categoría Feminina, Geni volveu a aumentar a distancia con Paula, a única que pode facerlle fronte esta temporada. Agora son 22 os puntos que separan á número 1 da LNB, na súa categoría, e á xogadora da Terra Chá. A de Chaínzos-Cadaval deberá comezar a recortarlle puntos en Mondoñedo, senón será o sétimo Título de Conferencia consecutivo e o noveno en total para a palanadora de Ribadeo.

        Outra disputa interesante será a que nos ofrecerán aqueles palanadores e palanadoras que queren acercarse ás prazas de Final Nacional. Alvariño con 132 ptos marca o lindeiro destas prazas. Coedo, Jorge e Geni están a unha carreira de distancia. A 15 ptos están Luís Ares e Iván Alonso e a 17 Isma. Estes dous últimos palanadores teñen no seu currículo deportivo 4 partidos internacionais e, a pesar diso, están fóra das prazas. Isto indica o continuo progreso dos xogadores e xogadoras da Conferencia Norleste. Sabemos de boas fontes que á LNB interésalle que estes palanadores se clasifiquen para a Final Nacional, pois a repercusión mediática que teñen estes palanadores supoñería grandes ingresos económicos para a liga.
     

      


        Na xornada de Meira había a oportunidade de acadar o varado 3 mil da LNB. Para superar o reto de facer 33 varados e chegar a esa cifra milenaria, acudiron varios “palanadores lebre” (termo traído do eido atlético que define a aquel corredor ou corredora que axuda a outro corredor/a a superar a mellor marca histórica de todos os tempos nunha distancia determinada). Así, ata 6 xogadores e 1 xogadora actuaron de “lebre”. As expectativas que se tiñan con relación a estes eran que puidesen contribuír cun varado cada un, en total 7. Realmente, fixeron 3, ou sexa, 4 menos do previsto. E queredes saber a cantos varados se quedou da marca dos 3000? Pois…, faltaron 4!!! En definitiva, a Conferencia Norleste quedou moi descontenta con estas “lebres” e, por suposto, non lle reembolsaron os gastos de manutención (carneiro ao forno e tofu ao espeto).
     

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *