Xoves, Outubro 3, 2024
Sin categoría

FIN DE SEMANA LNB

       Esta fin de semana houbo dúas xornadas LNB. Na Conferencia Rías Baixas xogouse a 11ª xornada en Vilaboa. Na Conferencia Norleste disputouse a 8ª xornada en Meira. Os datos de participación foron magníficos. 

PARTICIPACIÓN NORLESTE
Total       59
Homes      12
Mulleres   47
       Arriba aparece a imaxe da nova campaña de promoción da billarda. Fantástica mensaxe que a LNB fai chegar á sociedade galega.
PARTICIPACIÓN RÍAS BAIXAS
Total       86
Homes       56
Mulleres    30
       Salientar que dos dous retos que se propuxo a LNB foi conseguido un deles. O primeiro era celebrar a xornada 500 desde a creación da LNB (2005) e o segundo era converter o varado 3.000, tamén desde a creación da LNB. O primeiro foi logrado na xornada de Vilaboa e o segundo quedou a piques de conseguirse en Meira. Agora faltan 4 varados para chegar a esa cifra máxica dos 3 mil. Nin coa chegada de palanadores das outras dúas conferencias se acadou esa cifra de 33 varados que se necesitaba. Foron 29 os tiros directos que se lograron na superficie do pavillón de Meira. Os palanadores convidados colaboraron con 3 varados, algo que estivo por debaixo das espectativas. Agora a posibilidade trasládase a territorio Noroeste. Así, xa se están preparando os compañeiros e compañeiras da Conferencia Noroeste para conseguilo o vindeiro domingo 4 de febreiro, na contorna do mítico Bosque Animado da fraga de Cecebre (Cambre). Que mellor lugar para lograr algo máxico, pois sería maxia facer eses catro varados que faltan nunha superficie de herba e coas dimensións olímpicas. De todos os xeitos, estanse movendo no Noroeste para contratar a “lebres” de garantías, como se fai en atletismo, para que axuden a chegar a ese número de varados. As lebres estanas buscando na Conferencia Rías Baixas e na Noroeste. Xa informaremos sobre este e outros particulares da LNB durante a semana. 
CONFERENCIA NORLESTE 
XORNADA 11 MEIRA

     

    Os Billardeiros Musicais semella que se distancian case definitivamente, mais a billarda é un deporte que non admite conclusións definitivas. Carabullo deberá seguir cerca do equipo de Ribadeo disputándolle o título. Chaínzos-Cadaval e Troitas Bravas loitarán pola terceira praza de Finalista Nacional LNB 2018. Por conseguinte, a vindeira xornada en Mondoñedo poñerá a proba aos equipos da Chaira, pois teñen un longo desprazamento e un lugar de xogo por enriba do nivel da Terra Chá. Veremos que sucede. 
     

CONFERENCIA RÍAS BAIXAS

XORNADA 11

       A xornada 11 tivo como ganador a Xan Rodiño de Lúa de Forza de Sanxenxo, seguido de Daniel de Rinoceronte de Pontevedra e de Lú, tamén de Lúa de Forza. Ou sexa, o podio foi maioritariamente verde. En equipos, de novo unha xornada máis e van seis consecutivas ganou Corredoiras de Bueu. O actual Campión Nacional non dá opción, aínda que esta xornada estivo moi preto deles o equipo verde de Sanxenxo. En Feminina Bego continuou co seu dominio. E ollo que a de Bueu entra no podio da individual absoluta a tan só 3 ptos do segundo posto. En infantil, Juanma (Lúa de Forza-Sanxenxo) foi primeiro, Adriana (Valpaços Terra Quente-Vigo) segunda e Oscar terceiro (Armadiña-Poio). 

CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
1XAN RODIÑOLÚA DE FORZASANXENXO
2DANIELRINOCERONTEPONTEVEDRA
3LULÚA DE FORZASANXENXO
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
1BEGOCORREDOIRASBUEU
2ELENA SABARÍSARMADIÑAPOIO
3MÓNICAGHARABOTOMARÍN
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
1JUANMALÚA DE FORZASANXENXO
2ADRIANAVALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO
3OSCARARMADIÑAPOIO
CATEGORÍA EQUIPOS
CORREDOIRASBUEU
LÚA DE FORZASANXENXO
GHARABOTOMARÍN
       Así quedan as clasificacións nos seus postos de honor
        

       Nas fotos de abaixo vemos unha selección do xeito de golpear de palanadores e palanadoras da Conferencia Rías Baixas. Magníficas fotos realizadas polo gran xogador de billarda Salvador Santos “Charri”, que ten capacidade suficiente para fotografar os instantes máis destacados da xornada e ao mesmo tempo competir a un moi alto nivel. Tanto é así, que despois de pasar moitas xornadas fóra dos elixidos para participar na Final Nacional LNB 2018, agora xa está neses postos de gloria, aínda que non pode descoidarse, xa que, o seu rendemento ten baixóns importantes, case sempre motivados porque lle coincide en grupos de demasiado nivel, segundo afirma el mesmo. Engade que hai unha man negra que non quere que se clasifique para a Final LNB deste ano. A esta xornada xa trouxo un amuleto de kriptonita.

CHARRI   Corredoiras

XIÁN Lúa de Forza

WILD FRAN Valpaços Terra Quente

DIEGO Armadiña

CHO Armadiña

ELENA GLEZ Gharaboto

CESAR Rinoceronte

FARI Corredoiras

ADRIANA Valpaços Terra Quente

ÁLVARO Gharaboto

CHE Rinoceronte

ARES Andarela

CAROLO Lúa de Forza

CHCHÍ Laxe de Rons

CHEFA Corredoiras

GERARDO TORRES Laxe de Rons

IRENE Valpaços Terra Quente

JM CAMIÑA Lúa de Forza

JUANMA Lúa de Forza

MÓNICA Gharaboto

PESE Corredoiras

TAXEIRO Valpaços Terra Quente

YUDANI Corredoiras

ZAIRA Valpaços Terra Quente

SALVA Corredoiras

RODRI Armadiña

RICAR Corredoiras

PEQUE Armadiña

OSCAR Armadiña

MARÍA Gharaboto

MARGA PUENTE Gharaboto

LITO Corredoiras

SUSO Gharaboto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *