As billardas camiñan cara ao solsticio de verán
A conta atrás está activada e as billardas saen do seu letargo. A LNB NOROESTE xa prepara as medidas de protección e seguridade para xogar billarda de maneira segura e sen riscos. Chegáronnos as primeiras imaxes da campaña que se está transmitindo polas redes sociais sobre o protocolo que se seguirá na LNB.
O Noroeste quere mostrar que a billarda permite a realización dunha práctica lúdico-deportiva segura. Tal fácil como seguir o protocolo, distancia de 150 cm e máscara, cando esta distancia sexa menor.
Ben, ademais de ter as medidas de protección claras e diáfanas, no NOR hai varias circunstancias que son dignas de mencionar. Ímolo facer sen frases subordinadas nin excesivos complementos, posto que as imaxes serán abondo descritivas.
Primeiro, a misteriosa metamorfose de Collazo ou como a endogamia fai das súas na Laracha.
Segundo, Landras encontra a luz… e o Tao. Despois de percorrer moitas escolas de sabiduría, o das Somozas abraza (en época de distanciamento social) o camiño de Lao zi.
É de tal envergadura a transformación do bo Landras que deixou de comer caracois e aliméntase exclusivamente de landras… e prometeu levar pan de fariña de landra o vindeiro domingo, para compartir con todas aquelas persoas que xoguen na xornada 14 da Laracha.
Para finalizar publicamos como están as clasificacións da Conferencia despois de xogadas 13 xornadas.