LNB: PARTICIPACIÓN
Despois de 13 xornadas celebradas desta temporada 2018-2019, os números indican que se mantén o nivel de participación MEDIA da temporada pasada. A participación TOTAL (todo xogador e xogadora que participa en algunha xornada LNB), tamén se mantén, pois, faltan cerca de corenta xornadas e os números xa se sitúan no 72% do número de participantes totais da temporada pasada.
Para consolidar este proxecto chamado LNB é fundamental a participación MEDIA nas xornadas de liga. Estes son os números que realmente demostran o músculo desta aventura marabillosa. Como se pode comprobar, máis de 160 persoas, en todo o territorio, están convencidas que a billarda fai comunidade… Billarda sempre!