Venres, Abril 19, 2024
Sin categoría

EQUIPOS …e marcas HISTÓRICAS LNB

       Semella que chegan tempos de cambio á LNB. Equipos que fortaleceron a súa musculatura, despois de anos competindo, e equipos que renovaron o seu cadro de xogador@s e @s alimentaron coa apócima sagrada elaborada por druídas e menciñeiras con plantas dos bosques galegos, están ocupando os postos de Equipos de Gloria. Os máis grandes da LNB, Billardeiros Musicais e Corredoiras, vén que a súa supremacía xa non é tal. 
       Este outono trouxo unha revolución billardeira. Os tres grandes equipos dominadores das Conferencias LNB deberán facer fronte ao ascenso doutras franquicias. Só Campo da Feira mantén o seu posto de privilexio na Conferencia Noroeste, aínda que a xornada pasada estivo a piques de ver rota unha xeira de 24 xornadas consecutivas ganando. O equipo de Paiosaco sobreviviu e continúa cunha xeira estratosférica.

       Outra xeira que semellaba non ter fin era o número de xornadas dun equipo no máis alto da clasificación de xeito consecutivo. Finalmente, a cifra quedou en 54. A ver que equipo se atreve a ameazar, sequera, ese número. En canto ao tempo que se mantivo un equipo como líder, foron 3 anos 10 meses e 1 día os que estivo Billardeiros Musicais comandando de xeito ininterrompido a Conferencia Norleste. Unicamente, Campo da Feira está no camiño de superar esas cifras, mais quedaríanlle 27 xornadas máis ganando. Isto significa, case dous anos máis. 

       Os tres grandes BMU, FEI e COR de momento e durante moito tempo van manter as marcas de xornadas ganadas en cada unha das súas Conferencias LNB. Van ter que pasar moitos, moitos anos para que algunha outra franquicia se acerque ao seu número de vitorias. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *