Venres, Abril 26, 2024
Sin categoría

PRIMEIRA AVALIACIÓN NAS CONFERENCIAS DO NORTE

         Saen as notas no apartado “mellora adecuadamente”, que recoñece a traxectoria ascendente daqueles palanadores, nas conferencias LNB Norleste e Noroeste, que xa remataron a primeira parte da temporada. David Navallo, Troitas Bravas, A Pontenova, e Lito, Malpica levan os honores de ser os xogadores con maior progresión. Dous xogadores que entraron na LNB no ano 2016 e que esperan estar entre os elixidos para a gloria de vestir a Coroza Nacional. As súas boas cualificacións da primeira avaliación fan que as previsións sexan favorables.

  

        Chegados ao ecuador das dúas Conferencias Norte queremos destacar, ademais de aos líderes de cada unha das Conferencias, Charli (Carabullo) da Norleste e Collazo (Campo da Feira) da Noroeste, a aqueles xogadores que melloraron as súas prestacións con relación á temporada pasada. Deste xeito, unha vez comparadas as clasificacións finais da temporada 2016-2017, de ámbalas dúas Conferencias, e a situación actual das clasificacións, os datos din o seguinte (sempre considerando só a aqueles xogadores e xogadoras que están nos postos de PLAY OFF a finais de 2017): Na conferencia Mai é David Navallo, de Troitas Bravas da Pontenova, o xogador que máis mellorou a súa posición, pois acabou no posto 41 a temporada pasada e está actualmente no posto 9. Na Conferencia Noroeste quen máis mellorou foi Lito, de Malpica, quen pasou do posto 31 (final da temporada pasada) ao posto 3 desta temporada.
        Outros notables palanadores que melloraron máis de 10 postos foron, Iván Alonso, Billarda Verde, Sachas de Troitas Bravas e Cortón de Chaínzos-Cadaval, na Mai das Conferencias. Na Noroeste, os notables foron Edu, de Campo da Feira, e Roi, de APB Santa Marta.
       Todos estes xogadores deberán estar tranquilos á hora de pedir agasallos ao Apalpador, pois as súas boas notas non deixan lugar a negativas por parte de tan xeneroso individuo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *