Mércores, Novembro 13, 2024
Sin categoría

LNB CRÓNICAS DA FIN DE SEMANA

       A primeira fin de semana
do 2018 veu ateigada de LNB. Houbo xornada de liga en todas as
Conferencias Territoriais. Xaneiro ten tradición de
condicionar a participación, polas condicións de frío e humidade
desta época. Pero, unha nova era está nacendo para a Billarda, pois
a participación total da LNB estivo en máximos históricos dunha
fin de semana.  
                               10ª xornada              7ª xornada                8ª xornada                         

RÍAS BAIXASNORLESTENOROESTELNB
TOTAL 914937177
Homes534032125
Mulleres389552
Infantil181726
           Outro aspecto salientable é o da participación feminina. Estableceuse unha nova mellor marca histórica de participación feminina nunha xornada, 38 mulleres xogaron en Vigo, na xornada 10 da Conferencia Rías Baixas. A participación infantil está medrando e consolidándose (26 nen@s entre as tres conferencias, nesta xornada). Estes dous datos fan pensar que esta aventura de tolos e tolas non estaba tan improvisada como semellaba no 2005, cando un puñado de afoutos e afoutas decidiu organizar unha liga de billarda, aló na Mariña Luguesa. 
O número de persoas que xogaron na LNB esta temporada ata o día de hoxe foron 284

conferenciasNOLNORRIA
XORNADAS
7 XOR8 XOR10 XORTOTAL
PARTICIPACIÓN TOTAL8554145284

Homes674692205

Mulleres1885379

Estes foron os postos de podio nas tres Conferencias.

CONFERENCIA NORLESTE
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1ALBINOCARABULLOPONTE DE OUTEIRO
2MANU POZOBILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO
3REGUEIROTROITAS BRAVASA PONTENOVA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1GENIBILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO
2CHINITATROITAS BRAVASA PONTENOVA
3LORENACHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI





CATEGORÍA EQUIPOS


BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO

CARABULLOPONTE DE OUTEIRO

TROITAS BRAVASA PONTENOVA
CONFERENCIA NOROESTE
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1AÑÓNCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2BERDILLOCOCHIQUEIROSCERCEDA
3ANDRADEFILLOAS DE SANGUEA CORUÑA




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1MARIÑAMALPICAMALPICA
2CRUZCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
3AURELIACAMPO DA FEIRAPAIOSACO




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1MARCCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2MIGUELCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
3ADAHICAMPO DA FEIRAPAIOSACO





CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO

1CAMPO DA FEIRAPAIOSACO

2FILLOAS DE SANGUEA CORUÑA

3MALPICAMALPICA

CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
CATEGORIA ABSOLUTA
do EQUIPO
1FARICORREDOIRASBUEU
2RIALARMADIÑAPOIO
3GELÍNGHARABOTOMARÍN




CATEGORÍA FEMININA
do EQUIPO
1CHEFACORREDOIRASBUEU
2BELMIRAVALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO
3ELENAGHARABOTOMARÍN




CATEGORÍA INFANTIL
do EQUIPO
1AINHOAARMADIÑAPOIO
2OSCARARMADIÑAPOIO
3JUANMALÚA DE FORZASANXENXO





CATEGORÍA EQUIPOS


CORREDOIRASBUEU

GHARABOTOMARÍN

LÚA DE FORZASANXENXO

       CRÓNICA 7ª XORNADA 
CONFERENCIA NORLESTE
Campo de fútbol, Castro Ribeiras de Lea. Minutos antes das 15 horas

       As claves desta 7ª xornada encontrámolas en dous acontecementos que foron trascendentais, se queremos entender os resultados da xornada. 
       Primeiro, o factor terreo de xogo. En principio, o campo designado era o antigo campo de fútbol de Castro Ribeiras de Lea (herba natural). Ben, pois considerando as previsións de Meteogalicia decidiuse o traslado de xogadores e xogadoras ata o pavillón de Castro de Rei. Por que se tomou esta decisión? A resposta a esta pregunta non a temos, polo momento, xa que seguimos tratando de contactar co delegado de Chaínzos-Cadaval, pero ten apagado o seu teléfono. Durante esta semana buscaremos o xeito de que o equipo anfitrión nos dea a súa versión. 
       Segundo factor importante… imos utilizar as palabras dun sabio escritor galego:    EU SON … B…ALBINO. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.” (Memorias dun neno labrego. Xosé Neira Vilas).

        Si, aínda que resulte difícil entender como un rapaz de aldea, Albino (Carabullo), que empezou a xogar esta temporada (3ª xornada), fixo o pleno de puntos, e fíxoo sen moito ruído. Grazas aos seus puntos, o equipo da Chaira mantivo o tipo nunha superficie da que non son especialistas. En definitiva, Albino entra no Alboio da Fama da LNB e Billardeiros segue teimudo en cabeza da táboa de franquicias.
EquiposTotal
BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEO558
CARABULLOPONTE DE OUTEIRO545
CHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REI531
TROITAS BRAVASA PONTENOVA525
REMOURELLE BULLSBARREIROS392
BILLARDA VERDECASTROVERDE259
POLKA MISERIAPOL76
EKIPA-BÍTERELOURENZÁ71
     

       Na clasificación individual, a xornada non precisou de ningún desempate, pois os tres primeiros obtiveron 25, 24 e 23 ptos respectivamente. Puntuacións moi altas, xa que sempre que se xoga en pavillón sucede isto. 

ALBINOCAR25
MANU POZOBIL24
REGUEIROTRA23
DANIELBIL22
CHARLICAR21
CORTÓNCHA21
SUSO COEDOBIL21
NOETRA21
RUBÉNCHA20
IVÁN ALONSOBVE20
SANTICAR20
MARKYTOSBIL20
GENIBIL20
JORGEREM20
MIGUELBIL20
DAVID NAVALLOTRA19
LUÍS ARESCHA19
MANOLOTRA19
CHINITATRA19
ALVARIÑOCAR18
PEPE VIDALCHA18
JORGE GALDOCHA18
MURIEGOREM18
       A clasificación xeral queda deste xeito:
INDIVIDUAL ABSOLUTA
1CHARLICAR150
2MANU POZOBIL142
3REGUEIROTRA140
4DANIELBIL137
5RUBÉNCHA128
6CORTÓNCHA127
7PEPE OUTEIROCHA126
8SACHASTRA125
9DAVID NAVALLOTRA120
10SUSO COEDOBIL117
11IVÁN ALONSOBVE117
12SANTICAR116
13NOETRA115
    O campión vixente e líder da clasificación, Charli, aguanta o acoso de Manu Pozo, Regueiro e Daniel, que lle recortaron 3, 2 e 1 punto. Isto afirmaba o de Ponte de Outeiro: 
“xa chegará a primavera 
e con ela os prados floridos
para superar aos billardeiros”.

CRÓNICA 8ª XORNADA 
CONFERENCIA NOROESTE

        Magníficos números de participación os da Conferencia Noroeste. Despois de pasar varios anos en coidados intensivos o Noroeste consolida unha participación media por xornada por enriba das 30 persoas. Ademais, a participación infantil acadou unha marca absoluta histórica, 6 nenos e unha nena menores de 14 anos competiron en Paiosaco. Sensacional! 
        Non obstante, a pesar destas cifras de soño, o que realmente hai que reseñar é o triunfo de Añón, de Campo da Feira. Un xogador novel entra no Alboio da Fama LNB. Un mozo que empezou a xogar hai 3 xornadas e xa subiu ao máis alto do podio. Tamén, chama a atención a mala actuación de Collazo, quen non entrou en ningunha das carreiras. O seu manager emitiu un comunicado informando dos problemas que tivo o líder da clasificación para durmir o sábado. A LNB abreu unha investigación para comprobar se estes problemas foron causados por algún sabotaxe psicolóxico. O sospeitoso é o seu equipo veciño, APB. 
       Tamén, semella que resucitou Cochiqueiros, pois volve a saborear un podio un dos seus xogadores. Esta histórica franquicia, catalogada en perigo de desaparición pola LNB, quere seguir existindo. 
CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
1AÑÓNCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2BERDILLOCOCHIQUEIROSCERCEDA
3ANDRADEFILLOAS DE SANGUEA CORUÑA
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
1MARIÑAMALPICAMALPICA
2CRUZCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
3AURELIACAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
1MARCCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2MIGUELCAMPO DA FEIRAPAIOSACO
3ADAHICAMPO DA FEIRAPAIOSACO
CATEGORÍA EQUIPOSdo EQUIPO
1CAMPO DA FEIRAPAIOSACO
2FILLOAS DE SANGUEA CORUÑA
3MALPICAMALPICA
       Estas son as prazas de Final LNB 2018 despois da xornada 7ª. 
COLLAZOFEI162
EDUARDOFEI126
LITOMAL125
GÁNDARAFIL117
ROIAPB112
XULIOFEI112
ANDRADEFIL110
OSCAR PONTEFEI109
JUAN CARLOSFEI106
   
AÑÓN (Campo da Feira)
ANDRADE   MARIÑA   MARC   AÑÓN   BERDILLO               

CRÓNICA 8ª XORNADA 
CONFERENCIA NOROESTE

Carmen Pazos a xogadora máis adulta de toda a LNB (85 anos) foi homenaxeada polo seu equipo

       Participación sensacional de 91 persoas e participación histórica mundial e tamén da LNB, 38 mulleres competiron na xornada de Vigo. A anterior marca estaba en 33. A LNB estase feminizando e non hai marcha atrás. A muller toma partido nunha expresión cultural e deportiva galega. A LNB naceu desde unha perspectiva de igualdade de xénero e de normalidade da acción social para demostrar que deixando atrás o patriarcado e da masculinización das organización pódese chegar á simple participación e decisión de “ser humano”.
        A organización da xornada foi do equipo Valpaços Terra Quente, que representa esta perspectiva humana das accións sociais como ninguén, pois 15 dos seus 27 integrantes son mulleres. Foron mulleres as que se encargaron da inscrición e o sorteo, e tamén participaron na arbitraxe. A Billarda transmite certos valores que algunha vez hai que lembrar para que nós mesmas, nós mesmos, valoremos o que se está facendo cada fin de semana na LNB.
   

2º-RIAL      1º-FARI       3º-GELÍN

3ª-ELENA     1ª-CHEFA      2ª-BELMIRA

3º-JUANMA     1ª-AINHOA      2º-OSCAR
CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
FARICORREDOIRASBUEU
RIALARMADIÑAPOIO
GELÍNGHARABOTOMARÍN
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
CHEFACORREDOIRASBUEU
BELMIRAVALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO
ELENAGHARABOTOMARÍN
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
AINHOAARMADIÑAPOIO
OSCARARMADIÑAPOIO
JUANMALÚA DE FORZASANXENXO
CATEGORÍA EQUIPOS
CORREDOIRASBUEU
GHARABOTOMARÍN
LÚA DE FORZASANXENXO
     Despois de sumar os puntos da xornada as clasificacións quedan do xeito seguinte.
     
EQUIPOSTotal
CORREDOIRASBUEU806
GHARABOTOMARÍN732
LÚA DE FORZASANXENXO686
RINOCERONTEPONTEVEDRA575
ARMADIÑAPOIO563
LAXE DE RONSO GROVE513
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO500
ANDARELAMEAÑO74
EQUIPOS FEMININOSTotal
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO331
CORREDOIRASBUEU311
GHARABOTOMARÍN305
LÚA DE FORZASANXENXO183
ARMADIÑAPOIO154
LAXE DE RONSO GROVE37
ANDARELAMEAÑO9
RINOCERONTEPONTEVEDRA5
INDIVIDUAL ABSOLUTA
XAN RODIÑOLÚA213
SALVACOR186
RICARCOR180
BEGOCOR179
CHERIN170
LUÍS PIRUCHAGHA168
MANOLO FARIÑAGHA164
JUANMA INFLÚA153
DANIELRIN153
RICARDO LOISLAX150
LUÍS GONGHA148
LUÍS CAMIÑAGHA141
FARICOR139
ALBERTERIN127
ÁLVAROGHA126
LITOCOR118
RIALARM117
MANUARM116
CHOARM114
LULÚA111
MARTÍNLAX108
GERARDO TORRESLAX104
SUSOGHA102
FEMININA
BEGOCOR179
LULÚA111
CHEFACOR101
ADRIANA INFVAL87
ELENAGHA83
ELENAARM71
MARGAGHA69
MARISALÚA67
BELMIRAVAL67
TANIAVAL54
YAIZA INFVAL54
ZAIRAVAL54
MÓNICAGHA48
CHELIGHA43
         As clasificacións completas aparecen na etiqueta de Clasificación Rías Baixas. Destacar que Salva alcanza o segundo posto da xeral superando a Ricar, que continúa cos seus problemas físicos. Xan afianza unha distancia importante co segundo posto (27 ptos) e mantense líder. Bego queda fóra do podio por un punto e Che continúa a súa progresión. Luís Pirucha segue en horas baixas e o seu obxectivo de principio de temporada de, por fin, disputar o título, queda lonxe. Suso entrou nas prazas de Finalista LNB e con 102 ptos ocupa a última destas prazas. 
        Na categoría feminina as posicións de honor mantéñense. Nesta xornada Elena González acercouse moito ao podio que cerra Adriana. As prazas de finalista cérraas Cheli, quen tivo unha boa actuación na pista de Teis. 
          Houbo varias persoas que xogaron por vez primeira na LNB. Entre elas destacar a Hugo de Corredoiras, neno que non chega aos dez anos e xa imita á perfección o estilo de Salva, un dos grandes palanadores do seu equipo. 
HUGO (Corredoiras)

      Rosana tamén se estreou na LNB. A nova xogadora de Armadiña quixo impresionar na súa primeira actuación e realmente impresionou. Quixo poñerse na posición nomeada “espagat” e a primeira impresionada foi ela, que quedou branca coma o leite. Despois, foi atendida polos servizos sanitarios da LNB e semella que en quince días recuperará a elasticidade. 
ROSANA (Armadiña) 










Outra debutante foi María de Gharaboto. Era a primeira vez que collía na man un palán. Non sabemos se a informaron de que era a billarda, pois non acertou ao escoller a súa roupa deportiva. 
MARÍA (Gharaboto)

         As mulleres tinguiron de cor CELESTE e MORADO a xornada

XOGADORAS DE ARMADIÑA
XOGADORAS DE VALPAÇOS
Nota de última hora!!
Parece ser que Armadiña está consultando cos seus servizos xurídicos para ver se presenta unha reclamación ante o tribunal de arbitraxe da LNB. Seica non están de acordo cunha decisión tomada por un dos mellores arbitros da Conferencia, cuxo nome non podemos dar… polo momento, pois está baixo secreto mentres non se presente formalmente a reclamación.
Seguiremos informando sobre esta e outras novas da LNB durante a semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *