Venres, Abril 26, 2024
Protagonistas

TODOLNB fala con… LITO PENA SERRANO

        Gonzalo Pena Serrano, LITO, pertence ao reducido grupo de xogadores de raíz. Aquelas persoas que xogaron á billarda no último cuarto de século XX, antes da era LNB. Na súa infancia coñeceu o xeito tradicional de xogar billarda, sen varais e sen puntos, sen xogadas polémicas e co orgullo de quen nace no rural. Certo que xa perdía diante de Collazo, pero daquelas partidas de serán e ledicia, daqueles momentos de rapazadas quedoulle o golpeo baixo que tan ben executaba o seu compañeiro de xogos Collazo. Naquela época o que se premiaba era guindar a billarda o máis lonxe posible cun golpe de palán. En definitiva, na era dos dinosaurios a billarda era cousa de xente moi forte e potente. Menos mal que a evolución da billarda coa irrupción da LNB, permitiu que a maña, a puntería e a coordinación tiveran un lugar tan importante como a fortaleza no dominio deste deporte.
       Naquel mundo rural larachés, Lito encontrou acubillo amable e a súa alma de aventura gozaba da natureza. Mais, o éxodo rural fíxoo emprender o camiño da capital. De todos os xeitos, Lito nunca esqueceu que ten enraizado o corazón e enterradas as emocións neste mundo húmido e oloroso de terras de labradío e gando. A LNB cruzouse no seu camiño en maio do 2016. Foi na xornada de Malpica. Desde o primeiro momento xa se lle vía que non era un novato nisto de golpear billardas. As dúas primeiras temporadas xogou pouco. Pero, xa desde a temporada 2017-2018 está plenamente integrado na dinámica de ir cada 15 días a encontrarse coa madeira e coas persoas que comparten esta ilusión da billarda. Desde que xoga regularmente, o seu nivel é moi alto. Esta temporada xa se situou, despois da última xornada, na terceira posición.
       O seu estilo de xogo garda a reminiscencia do golpeo que tan ben aprendeu de Collazo e incorporou, esta temporada, a posición inicial de Araña, aprendida doutro dos grandes mestres da Conferencia, Edu García. Deste xeito, os seus resultados melloraron moito e é un rival ao que ninguén quere enfrontarse. A súa potencia faino un dos mellores pegadores da LNB. Se consegue situar a billarda máis centrada despois do golpeo será un candidato serio ao Título Nacional, pois se colle un día bo pode garnar a calquera.
         Esta temporada Lito forma parte da UTE Malpica-Cochiqueiros. O seu alcume de Sheriff da Laracha vén, precisamente dun incidente cos seus compañeiros de equipo. Os xogadores que se incorporaron a esta unión temporal de equipos por parte de COK estaban algo perdidos nas últimas xornadas e Lito tivo que ir rescatalos do esquecemento e das dúbidas existenciais. Quixeron abandonar a LNB para incorporarse á Liga Nacional de Pandolo de Slovenije. Non obstante, o Sheriff Lito colleunos na fronteira italiana e tróuxoos de volta por Nadal.
         Lito tivo a ben concedernos unha entrevista personalizada, na cal di a verdade e nada máis que a verdade sobre o que sucedeu nesa fronteira italo-eslovena… e sobre outros temas de interese billardeiro.
       

Nome
e
apelidos:                Gonzalo
Pena Serrano
Lugar
e
data
de
nacemento:
A
Laracha

1967-08-28
Lugar
de
residencia:            A
Coruña
Ano
de
debut:                    2016
Equipo
actual:                    Malpica-Cochiqueiros
-Cando
e
como
foi
o
teu
primeiro
contacto
co
xogo
da
billarda
e
coa
LNB?
O
primeiro contacto foi fai uns 35 anos, eu xogaba con Collazo preto da
igrexa da Laracha, no monte de Mariñán. Que recordos! Xa daquela
facía as billardas cun torno. Coa LNB batín fai un par de anos,
penso que
na
tempada
2015-2016 en Malpica, de man de Collazo, claro.
-Que
accións
propoñerías
para
que
a
práctica
da
billarda
chegase
á
poboación
escolarizada?
Os
rapaces e rapazas que veñen xogar é porque son amigos ou familiares
da xente que xa xoga, pero sería importante achegarse tamén ás
escolas.
-Que
farías
para
que
máis
xente
xogase
á
billarda
na
túa
comarca?
Penso
que deberíamos organizar billa-churrascos, billa-cocidos, october
billarda, beer fest, …
-Cales
son
as
túas
principais
virtudes
como
xogador
de
billarda?

Non
penso que teña ningunha virtude en especial, só intento pasalo ben
e, sobre todo, ser legal, como case todos en case todas as
conferencias.
-Que
aspectos
técnicos,
físicos
ou
psicolóxicos
debes
mellorar?
En
canto ao psicolóxico debería ser un pouco máis constante no xogo.
Con respecto ao técnico, creo que me falta mellorar un pouco o
swing,
por iso vou coller a Julito como
personal
trainer
,
para que me ensine o golpeo estilo culler. O aspecto físico, xa non
ten remedio
-Ordena
estas
superficies
de
xogo
segundo
a
túa
preferencia:
TERRA,
HERBA,
AREA,
ASFALTO,
CEMENTO,
PAVILLÓN
Terra,
herba (con terreo seco), asfalto, cemento, area, herba sintética e
pavillón nunca.
-Cales
son
a
claves
da
evolución
que
experimentou
o
teu
xogo
desde
que
empezaches
ata
agora?
Penso
que o meu nivel mellorou a base de xogar. Pero, penso que debería
practicar un pouco co meu
personal
trainer.
-Que
opinas
das
túas
posibilidades
para
ser
Campión
de
Conferencia?
Xa
me empeza a quedar un pouco lonxe. Centrareime en desbancar a Eduardo
do terceiro posto.
-A
que
xogadores
vés
con
condicións
para
ser
Campións
de
Conferencia?
Collazo
e Juan Carlos teñen vantaxe. Se non pincha, Collazo será campión
outra vez.
-Que
tería
que
suceder
para
que
esta
temporada
remate
o
dominio
de
Campo
da
Feira?
Para
este ano é difícil. Poderíamos adiantar unha semana as xornadas
para que coincida coa feira de Paiosaco e cun pouco de sorte non
poderían ir xogar. Para o próximo ano é máis doado, o equipo
Malpica-Cochiqueiros vaille facer unha OPA hostil a Campo da Feira a
base de Santiaguiños.
-Cales
foron
as
razóns
para
crear
o
equipo
MAC,
resultado
da
UTE
(unión
temporal
de
equipos)
entre
Malpica
e
Cochiqueiros?
A
razón principal foi a falta de membros nos dous equipos.
-Cales
son
as
fortalezas
e
debilidades
de
teu
equipo
Malpica-Cochiqueiros?
A
fortaleza do equipo é a calidade dos xogadores que achega Cochiqueiros e a mellora dos xogadores de Malpica. A debilidade é a
falta de formalidade que teñen algúns dos membros.
-Cales
son
os
teus
obxectivos
para
esta
temporada,
tanto
individuais
como
colectivos?
O
obxectivo é clasificarnos para a final en Santiago.
-Como
conseguiches
que
regresaran
Berdillo
e
Viqueira
á
LNB,
rexeitando
a
oferta
millonaria
da
Liga
Slovena
de
Pandolo?
Estou
empezando a pensar que a falta de formalidade é debido a que
Berdillo non volveu de todo da súa participación no Pandolo 2018 en
Slovenia, e está xogando a dúas bandas coa complicidade de
Viqueira. Calquera día destes esquécense de onde están xogando e
aparecen cunha billarda de 11 cm.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *