2ª XOR RÍAS BAIXAS Moscoso-Pazos de Borbén
A segunda tirada da Conferencia Rías Baixas foi conquistada por Manu (Armadiña), quen inscribe por vez primeira o seu nome no Alboio da Fama (AL.FA.) como ganador dunha xornada LNB. Desenvolveu unha fase de grupos cun comportamento só correcto, pois pasou como terceiro de grupo. Ademais, quedou encadrado nun grupo que a priori semellaba asequible, pero que despois se demostrou que non era así, xa que, dous dos seus integrantes ocuparon os dous primeiros postos da final, Manu primeiro e Chefa segunda.
Un aspecto reseñable, outra xornada máis, foi a participación feminina (41%) que mantén uns números por enriba das 30 participantes, algo espectacular. Por outro lado, non só de participación numerosa se alimenta o ser humano feminino, senón de resultados extraordinarios. O sábado no campo de terra, pedra e herballos da Lameira os puntos situaron a dúas mulleres na final a 4 (Chefa 2ª e Elena Glez. 4ª), ademais de que outra (Elena Sabarís) chegou a semifinais e outra (Adriana) a cuartos de final. En fin, nun campo de 50 metros de longo, sobre unha superficie complicada e cunha climatoloxía ecuatorial, o rendemento destas afoutas palanadoras estivo á altura… do podio… FABULOSO!
Disputadas dúas xornadas, as clasificacións seguen apretadas, aínda que, xa se distinguen as tendencias para esta temporada. Na Categoría de Equipos, continúa o dominio do Bicambión LNB Corredoiras, que ganou tamén a segunda xornada de Moscoso, desta vez con 6 ptos de vantaxe sobre Lúa de Forza. Na primeira conseguira distanciar a Gharaboto en 5 ptos. Deste xeito, Lúa de Forza pasou ao equipo marinense e sitúase segundo, cun punto de vantaxe sobre este. Armadiña xa queda a 20 ptos da terceira praza. Os indicios levan a pensar que pode suceder como a temporada pasada na cal os tres grandes da categoría separáronse do resto e non deron opcións para que algún outro equipo lles ameazara as prazas de Final LNB. O equipo de Poio partiu esta temporada co obxectivo claro de alcanzar o podio e con el a praza para as finais LNB. Aínda é pronto para descartar ao equipo benxamín da Conferencia, sobre todo, tendo en conta que a vindeira xornada actuará de local e ese terreo domínao. Laxe de Rons está mantendo o pulso con Rinoceronte e Valpaços, tres equipos que, pola confeccións do seus cadros de xogador@s, están destinados a loitar polas prazas medias da clasificación.
Na Categoría de Equipos Femininos a loita polo título seguirá estando entre Valpaços Terra Quente, actual campión, Gharaboto e Corredoiras, despois Lúa de Forza e Armadiña deberán competir por ver quen ocupa a primeira posición da zona media.
Na Categoría Feminina, Tania mantén a primeira praza, conseguida na xornada do Grove, a pesar de non chegar aos 10 ptos en Moscoso. Por detrás, confirmando as boas sensacións da temporada pasada, Elena Sabarís xa se sitúa a 2 ptos da de Valpaços, empatada con Lu. A un punto delas, as dúas últimas Campioas LNB, Chefa e Adriana. Bego e Elena Glez. non están lonxe. Pensamos que entre estas 7 magníficas palanadoras estará a campioa 2018-2019. Catro Campioas LNB (Lu, Bego, Chefa e Adriana) e 3 que teñen potencial para selo nun futuro (Elena Sabarís, Elena Glez e Tania) van darlle emoción e clase a esta nova temporada nas Rías Baixas. Ollo que hai outras palanadoras que darán máis dunha sorpresa. Así, unha novata como María de Gharaboto pode ser a xogadora que ninguén espera e que se acerque ao G-5. Sen esquecer a Belmira, Inés e Zaira, quen andan no G-10 e cando cheguen certas superficies favorables buscarán entrar no G-5.
FEMININA | Total | 1 | 2 | ||
1 | TANIA | VAL | 28 | 19 | 9 |
2 | ELENA SABARÍS | ARM | 26 | 9 | 17 |
3 | LU | LÚA | 26 | 14 | 12 |
4 | ADRIANA | VAL | 25 | 8 | 17 |
5 | CHEFA | COR | 25 | 6 | 19 |
6 | BEGO | COR | 21 | 8 | 13 |
7 | ELENA GLEZ | GHA | 18 | 18 | |
8 | MARÍA | GHA | 13 | 7 | 6 |
9 | INÉS | GHA | 12 | 4 | 8 |
10 | BELMIRA | VAL | 12 | 6 | 6 |
11 | ZAIRA | VAL | 11 | 6 | 5 |
12 | YAIZA INF | VAL | 10 | 9 | 1 |
13 | MARISA | LÚA | 9 | 1 | 8 |
14 | ANA | GHA | 8 | 7 | 1 |
15 | CASILDA | GHA | 8 | 6 | 2 |
16 | YOLI | VAL | 7 | 1 | 6 |
17 | MÓNICA | GHA | 6 | 1 | 5 |
18 | YUDANI | COR | 5 | 3 | 2 |
19 | LITA | LAX | 5 | 3 | 2 |
20 | MARGA PUENTE | GHA | 4 | 1 | 3 |
Na Categoría Absoluta, Piru comezou a temporada “desatado”. Cunha media de 26 ptos non hai quen o supere. Será este ano o de confirmar unha regularidade que ata o momento o apartou de conseguir o título de Conferencia? Piru é un palanador cun potencial enorme, mais ten que convivir con xogadores que están marcando unha época na Conferencia e na LNB, como Xan Rodiño e Ricar, campións das Rías Baixas e Coroceiros. Deste xeito, Piru sempre parte como terceiro candidato para o título, por detrás daqueles dous, pero este ano deberemos contar tamén co actual Coroceiro 2018, Che. Entón, todo indicaba que o tería máis difícil este ano para acadar ese ansiado obxectivo. Pero a veces a realidade apártase do previsible. O caso é que xa distanciou a Ricar en 5 ptos e a Xan en 12 ptos. Claro está que sempre aparecen novos rivais. Os que mellor comezaron a temporada, deses novos candidatos, foron Juanma, Fari e Manu. Despois, Cho, Luís Camiña, Martín e Ricardo Lois, xa están a unha distancia de entre 15 e 20 ptos. Este é o actual G-10.
Total | 1 | 2 | |||
1 | LUÍS PIRU | GHA | 52 | 26 | 26 |
2 | JUANMA | LÚA | 50 | 21 | 29 |
3 | RICAR | COR | 47 | 23 | 24 |
4 | FARI | COR | 43 | 21 | 22 |
5 | MANU | ARM | 41 | 21 | 20 |
6 | XAN RODIÑO | LÚA | 40 | 19 | 21 |
7 | CHO | ARM | 37 | 17 | 20 |
8 | LUÍS CAMIÑA | GHA | 34 | 13 | 21 |
9 | MARTÍN | LAX | 34 | 15 | 19 |
10 | RICARDO LOIS | LAX | 33 | 20 | 13 |
11 | ALBERTE | RIN | 32 | 11 | 21 |
12 | CHICHÍ | LAX | 31 | 16 | 15 |
16 | CAROLO | LÚA | 29 | 18 | 11 |
13 | OUTEIRO | COR | 28 | 22 | 6 |
14 | CHE | RIN | 28 | 19 | 9 |
17 | DANIEL | RIN | 28 | 19 | 9 |
15 | TANIA | VAL | 28 | 19 | 9 |
18 | ELENA SABARÍS | ARM | 26 | 9 | 17 |
19 | LU | LÚA | 26 | 14 | 12 |
20 | CHEFA | COR | 25 | 6 | 19 |
21 | ADRIANA | VAL | 25 | 8 | 17 |
22 | BENITO RESILLE | COR | 24 | 5 | 19 |
23 | ÁLVARO | GHA | 24 | 15 | 9 |
24 | LITO | COR | 24 | 13 | 11 |
25 | MANOLO FARIÑA | GHA | 22 | 17 | 5 |
FINAL
CHEFA golpeando para intentar a vitoria. Finalmente tivo que conformarse coa segunda posición. |
Juanma golpeando para a terceira praza. Antes tivo un golpe que saíu pegado ao varal e que lle supoñería a vitoria. |
Elena Glez., se entraba con este golpe conseguiría a vitoria, sempre que despois fallase Manu. |
Manu golpeaba como último e tiña un tiro de máis de medio campo para a vitoria. Un golpe fantástico que deixou a tod@s sorprendid@s |
Esperando a que Charri suba as fotos … continuaremos durante a semana falando sobre a xoranda de Moscoso.