FIN DE SEMANA LNB
A maquinaria pesada da LNB comeza a desprazarse por todo o país. Esta fin de semana é unha das máis billardeiras da temporada, pois, ademais de coincidir xornada en todas as Conferencias LNB, tamén se disputa o TAB VII Memorial Calvete en Remourelle. Para quen non saiba quen foi Calvete…
![]() |
Agosto de 2005 Calvete ficha por OS PETAPOUCO de Barreiros, un equipo histórico da Conferencia Norleste. Vemos a David Díaz (un dos pioneiros da LNB) no centro da imaxe. |
![]() |
Calvete na temporada 2005-2006 na que conquista o Titulo de Conferencia por Equipos cos PETAPOUCO |
![]() |
Calvete no Torneo do Lacón (Cervo, 2008 ) |
En definitiva, foi un daqueles afoutos palanadores que formaron o grupo de 29 xogador@s que organizaron e xogaron a primeira temporada de LNB (2005-2006). Grazas a eles pordemos seguir xogando á billarda.
Billarda Sempre!
Adiante co varal e grazas Calvete!