Venres, Abril 26, 2024
Sin categoría

DÍA DAS ESTRELAS 2018

        Chega o Día das Estrelas LNB 2018 e con el a posibilidade de ver a mellor xogo de billarda do planeta. Será o sábado 17 de marzo cando se reunan as mellores e os mellores xogadores de billarda da LNB. Ademais do TAB DAS ESTRELAS, haberá Concursos de Triples e de Mates. Sabemos que a motivación fundamental que leva a participar nesta xornada de billarda é a convivencia, a diversión e o entretemento, mais quen busque tamén a superación das súas barreiras físicas e psicolóxicas, terá a posibilidade de conseguir unhas xoias artesanais de incalculable valor.  Non vai ser doado, xa que, os paláns máis resistentes e os mellores deseños de billarda vanse dar cita o sábado en Poio, no campo de billarda da Reiboa.  

CRONOGRAMA e explicación do sistema de Concursos

TROFEOS TAB DAS ESTRELAS categoría absoluta

TROFEOS TAB DAS ESTRELAS categoría feminina

TROFEOS TAB DAS ESTRELAS categoría infantil

TROFEOS MATES1-absula 1-feminina 1-infantil

TROFEOS TRIPLES 1-absoluta 1-feminina 1-infantil
TROFEO dos CONCURSOS (entre os/as ganadores/as dos concursos disputaranse este magnífica escultura, pertencente á colección privada do xenial artesán da madeira, Gándara. 

         Todo semella preparado. As infraestruturas están acondicionadas axeitadamente, as candeas están ardendo nas capelas de San Roque, San Salvador, San Xoán, San Gregorio e Santa María, a celebración das 7 misas regulamentarias estase realizando e a Meiga do Sartal… cos seus feitizos. Todo isto para que as nubes descarguen a súa humidade nos concellos limítrofes de Pontevedra e Sanxenxo, no canto de facelo en Poio, durante o sábado 17 de marzo de 11h a 21h. 
        No aspecto competitivo, dicir que os ganadores das últimas xornadas LNB chegan nun momento óptimo de xogo e entrán entre os favoritos para levarse a praza de Final Nacional, coa que se premia ao ganador ou ganadora do TAB das Estrelas. Nos concursos todo está aberto, xa que son modalidades que non se practican na liga regular. Sabemos de fontes ben informadas que o equipo local ARMADIÑA está preparando a conciencia os Mates e os Triples. Daquela, o equipo Celestiiiiiiial parte con certa vantaxe. De todos os xeitos, na execución dun mate ou dun triple é primordial a capacidade de concentración e de illamento do ruído externo. Temos moitos exemplos nos cales o medo ao fracaso sepultou o talento de moitos xogadores e xogadoras de billarda. 

       Para aquelas persoas pouco crentes ou sen fe, queremos dicirlles que os efectos das pregarias e rezos xa están aquí. Senón mirade o mapa de previsións de Meteogalicia para o sábado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *