EQUIPOS LNB
Xa se disputaron 14 xornadas LNB (6 Rías Baixas, 4 Norleste, 4 Noroeste) e podemos dicir que ademais do mérito para aqueles equipos que encabezan as clasificacións, tamén debemos valorar o que están conseguindo algúns equipos en canto a integrar e formar xogadores e xogadoras para a LNB.
Deste xeito, cos números sacados das actas das 14 xornadas de LNB, afirmamos que Gharaboto é o equipo que máis xogador@s presentou de media en cada xornada, cun total de 17. Despois estaría Valpaços Terra Quente con 16, Campo da Feira con 14 e Troitas Bravas con 12. Outros dous equipos chegan á decena de participantes por xornada, son Chaínzos-Cadaval e Armadiña. Sabemos o complexo que é conseguir novos practicantes e o complicado que é asistir a todas as xornadas de liga, polo tanto, salientamos a actuación de todos os equipos LNB, pois sen o seu esforzo e dedicación esta aventura marabillosa non sería posible.
Algúns equipos, como vemos nas gráficas, están por debaixo de 4 xogador@s por xornada, polo tanto teñen dificultades, mais non abandonan ante o reto de manter viva a billarda nos seus concellos e comarcas. As terras de Lourenzá, Pol, Cerceda e Meaño teñen que seguir oíndo a voz da madeira que non é senón a voz dos nosos montes. Daquela, seguiremos “adiante co varal”. Billarda sempre!