Sábado, Abril 27, 2024
Sin categoría

13ª XOR LNB RÍAS BAIXAS



Participación  
58  
40 homes 
18 mulleres


Disputouse a xornada 13 da LNB RÍAS BAIXAS, nas instalacións deportivas do Casino Mercantil de Pontevedra. O campo de terra e herba dificultou o golpeo da billarda, pero non impediu presenciar grandes golpes. Ao mesmo tempo, a calor provocou o baixo rendemento dalgún xogador e dalgunha xogadora que se adaptan mellor ás condicións húmidas do inverno. Os resultados da xornada foron os seguintes: na categoría absoluta foi 1º Xan de LÚA DE FORZA (Sanxenxo), 2º Danide RINOCERONTE (Pontevedra) e 3º Ricardo Lois de OS DE TORRES (O Grove). En féminas 1ª Bego de CORREDOIRAS RÍAS, 2ª Belmira de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo) e 3ª Mónica de ZUME DE VIMBIA (Sanxenxo). En infantil Adrián de GHARABOTO (Marín), 2ª Adriana de VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo) e 3º Juanma Camiña de LÚA DE FORZA (Sanxenxo). En equipos 1º RINOCERONTE (Pontevedra), 2º CORREDOIRAS RÍAS (Bueu) e 3º GHARABOTO (Marín).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *