Luns, Setembro 14, 2026

LÚA DE FORZA

2012 Sanxenxo, Pontevedra

Lúa naceu no 2012 en plena Lúa de Forza de agosto. Cada quen que ate cabos. A cor da camiseta está vencellada á vexetación que medra no val de Dorrón, parroquia máis ao sur do concello de Sanxenxo, en pleno Val do Salnés. Lúa ten títulos e campionatos, que non son poucos. Para quen teña interese por este particular pode consultar as hemerotecas ou tamén preguntarlle á Intelixencia Artificial, tanto unhas como a outra saben do asunto. O noso cadro de xogadoras e xogadores combina veteranía e xuventude, e despois tamén está Ricardo Basdedios, que non é nin unha cousa nin a outra, é eterno. As xogadoras e xogadores do noso equipo viven en concellos da Ría de Pontevedra e Arousa (Pontevedra, Bueu, Sanxenxo e O Grove). Temos como obxectivo inmediato reforzar o equipo con novos talentos, pois sabemos que os anos pasan para todas e todos, vaia, menos para Basdedios. En fin, Lúa promete dar o golpe, iso si, cando a billarda estea en movemento descendente e no bandullo do se corpo de madeira.

 

Leagues
Conferencia Rías Baixas
Seasons
Tempada 2026-2027