Mércores, Xuño 17, 2026
ActualidadeXornada

Última xornada LGB RÍAS BAIXAS


No alto de Chans (Cela-Bueu) rematou a LGB Rías Baixas cun desenlace case dramático na categoría Feminina. Nas demais categorías a cousa rematou con menos emoción do previsto. Así, en Equipos Lúa de Forza non deu oportunidade de campionato a Gharaboto, que partía cunha desvantaxe de 12 ptos. Desde a a primeira carreira a cor verde da Lúa foi dominante ata o punto de ganar a xornada e sacarlle 21 ptos a Gharaboto e só Corredoiras (78 ptos) se acercou aos 84 ptos de Lúa. En Equipos F, Gharaboto xa tiña o título na casa. Na Categoría Absoluta, o campionato xa estaba en mans de Xan e as outras dúas prazas de podio foron para Piru e Álvaro. Na Individual Feminina si que houbo billarda da boa entre Antía e Lu. A xogadora de Gharaboto iniciaba a xornada con 5 ptos menos que a líder Lu. Antía xogou unha billarda de quilates e chegou aos 20 ptos. Lu mantivo a forma fenomenal que mostrou esta temporada e acadou os 17 ptos. Estes ptos foron feitos na fase de grupos e as dúas xogadoras podían aínda conseguir ptos se chegaban á final e acadaban posicións de podio. Ben, xogou primeiro Lu a súa eliminatoria e quedou eliminada. Despois, xogaba Antía a súa eliminatoria e xa sabía que tiña na súa man o Campionato. Isto é, se Antía avanzaba ata a final e conseguía a segunda posición da xornada xa lle chegaba, pois en caso de empate final a ptos tiña mellor puntuación nunha xornada e o Título sería seu. A eliminatoria chegou ao último golpe sen que entrara ninguén. No último golpe entraron Novas e Guto, Antía tiraba última e non puido entrar. O Título para Lu. En Varados, o podio quedou con Piru como campión, segundo Novas e terceiro Xan. En Infantil, campioa Antía, segunda Sofía e terceiro Xián. En Equipos F campión Gharaboto F, segundo Valpaços F e terceiro Armadiña F.

A xornada ganouna Xan, segundo foi Xián, os dous de Lúa de Forza, e terceiro foi Malvido de Corredoiras. En categoría feminina ganou Bego de Corredoiras, segunda quedou Antía de Gharaboto e terceira Chefa de Corredoiras. En Infantil, ganou Sofía de Gharaboto, segundo foi Brais de Valpaços e terceiro Noé de Lúa. En equipos venceu Lúa, segundo foi Corredoiras e terceiro Valpaços. En Equipos F ganou Corredoiras F, segundo foi Gharaboto F e terceiro Valpaços F

PODIOS XORNADA

FOTOS

FASE FINAL LGB 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *