En Poio houbo Lúa de Forza
O decano dos campo de Billarda de Galicia foi escenario da 14 xornada da LGB. Acontecemento épico e lírico ou viceversa. A posta de sol sobre a Reiboa é un dos espectáculos grandiosos do planeta, máis se cabe, cando as billarda voan cara ao crepúsculo da Ría de Pontevedra. En fin, ademais do sol, desta vez houbo Lúa e da boa, da de Forza. O equipo verde de Sanxenxo continúa coa intención de levarse esta temporada o título, cousa que Gharaboto lle vai poñer difícil ata a última carreira da última xornada, ou iso parece. Polo tanto, o equipo de Marín segue de cerca o liderado de Lúa, esperando ao axexo para, nas dúas últimas xornadas dar o palanazo definitivo.




Na categoría individual Absoluta ganou Chicho, segundo foi Xan, os dous de Lúa de Forza Sanxenxo, terceiro quedou Cho, do equipo local Armadiña (Combarro). En Individual Feminina venceu Lu de Lúa, segunda quedou Machi de Armadiña e terceira Tania de Valpaços Terra Quente (Vigo). En Individual Infantil ganou Xián de Lúa, segundo Antía de Gharaboto e terceiro Roque de Valpaços.

En Equipos A ganou Lúa de Forza, segundo Corredoiras Bueu e terceiro Gharaboto. En Equipos F venceu Valpaços F, segundo Gharaboto F e terceiro Armadiña F.



A falta de 2 xornadas para rematar a liga, poucas cousas están definidas, se acaso, o Título Absoluto. Xan será campión, sempre e cando acuda a xogar as 2 últimas xornadas. Ten 51 ptos máis que o segundo clasificado. As outras prazas de podio están en mans de Piru con 9 ptos máis que Álvaro. Charri xa queda a 23 ptos da terceira posición de Álvaro. Na individual Feminina, Lu aumentou a súa diferenza sobre Antía nun punto, agora son 6 de marxe. Na terceira posición queda Sofía a 17 ptos de Lu e a 11 de Antía. Entre elas vai estar a campioa e as posicións de podio, xa que, Tania na cuarta posición queda a 26 do liderado. Si podería loitar a terceira praza de podio, pois ten a Sofía a nove puntos. Na Individual Infantil, Antía e Sofía vanse disputar o Título nestas dúas xornadas que faltan, claro está, cunha vantaxe importante de 11 puntos da primeira. Xián vai ser terceiro. Para optar ao título está demasiado lonxe, a 32 de Antía e a 21 de Sofía.

Unha vez sumados os puntos vemos que as prazas de Finalistas LGB (FASE FINAL LGB, 30 maio A Estrada) están que arden e queiman. As prazas son 18 en Categoría Absoluta e 11 en Categoría Feminina. 3 prazas hai na Categoría de Varados. En Equipos A 4 prazas, en Equipos F 3 prazas.
PRAZAS FINALISTAS





FOTOS




























































PRÓXIMA XORNADA
9 MAIO
BUEU

